
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o ministro do ramo, Ángel Gabilondo, presidiron o acto de apertura do congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito 2011, un encontro que reúne en Santiago de Compostela a máis de 500 expertos ata o sábado.
Neste marco, o conselleiro amosou a súa satisfacción pola oportunidade que supón para Galicia acoller este evento, sobre un servizo educativo 2 educador que nos é especialmente querido e que se desenvolve de forma moi positiva nos centros escolares de Galicia. Non en balde, recordou Vázquez Abad, oito foron os colexios e institutos galegos galardoados na última edición do Concurso Nacional de boas prácticas en xestión e dinamización de bibliotecas escolares.
Neste sentido o conselleiro de Educación destacou o labor docente, xa que este auxe das bibliotecas escolares débese, sen ningunha dúbida, ao esforzo constante dos profesionais da educación, quen, de forma individual e colectiva, se involucran na xestión das mesmas en base a un compromiso que vai moito máis aló da docencia das materias en que son especialistas cada un. Son, en definitiva, o seu motor, o seu corazón, os esforzados docentes que aman o coñecemento e a súa transmisión, amantes dos libros, que desexan que os seus alumnos se convertan en lectores competentes, en usuarios eficientes e críticos das distintas fontes de información, engadiu.
Desta forma o conselleiro apostou por seguir a traballar nas bibliotecas escolares, de xeito especial no que atinxe ás novas oportunidades abertas pola web 2.0. As bibliotecas -dixo- deben adaptarse e adiantarse aos cambios que xa se están producindo no mundo da información e da comunicación, no mundo da transmisión de saberes, se queren ser útiles ao alumnado ao que deben contribuír a formar.
A este acto asistiron o delegado de Goberno en Galicia, Jose Manuel Pose Mesura; o alcalde d eSantaigo, Gerardo Conde Roa; o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, o secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Jose Luis Mira, e o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos da Consellería de Cultura, Francisco López.
Ademais, e co gallo deste evento, estiveron presentes a directora general de Evaluación y Cooperación Territorial do Ministerio, Rosa Peñalver; os consejeros de Educación de Murcia e Castela e León, Constantino Sotaca e Juan José Mateos; e representantes dos departamentos encargados da xestión das bibliotecas escolares nos departamentos educativos de Andalucía, Castela-A Mancha, Illes Balears e Madrid.
Obxectivos
O obxectivo deste congreso, organizado polo departamento educativo da Xunta de Galicia coa colaboración do Ministerio do ramo, é actualizar o coñecemento sobre as funcións da biblioteca escolar no panorama educativo actual, revisar os aspectos máis importantes relacionados coa lectura e o acceso á información no contexto educativo, á luz das últimas investigacións e en relación coas necesidades máis acuciantes, e reflexionar sobre o papel das Administracións educativas no impulso de prácticas de excelencia necesarias para a mellora de resultados obtidos coas iniciativas desenvolvidas nestes espazos.
A participación de expertos de diferentes Comunidades Autónomas permite ademais propiciar o intercambio entre as mesmas, abrindo a posibilidade de cooperación no presente e no futuro, ao tempo que se difunden experiencias de interese que se están a levar a cabo en centros educativos en clave de innovación educativa e consecución de resultados e se propicia a reflexión e o intercambio de ideas para o desempeño de estratexias de solución a problemas existentes nestes ámbitos.
O congreso está destinado ao profesorado dos centros de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, responsables e coordinadores das bibliotecas escolares ou integrantes dos equipos de bibliotecas destes centros, membros de equipos directivos e dos servizos de Inspección. Ademais asisten responsables das Administracións educativas de todas as Comunidades Autónomas con participación no deseño, xestión e desenvolvemento de programas de bibliotecas escolares; e asesores de formación no ámbito das bibliotecas escolares e a lectura, así como expertos en materia de lectura e bibliotecas escolares de distintas universidades e institucións.
Xornada inaugural
O congreso comezou, tras o discurso do conselleiro, coa conferencia inaugural La biblioteca escolar se transforma en espacio de aprendizaje. Claves, recorridos y desafíos, a cargo da coordinadora de Bibliotecas Escolares do ministerio de Educación de Chile, Constanza Mekis.
Para completar o programa da primeira xornada celebraranse mesas de debate simultáneas sobre a utilidade da biblioteca escolar no século XXI, os servizos de apoio a estes espazos espazos web, redes, formación, materiais..., e sobre as boas prácticas postas en marcha á hora de implementar o modelo de biblioteca escolar como centro de recursos da aprendizaxe
Nestes debates participan asesores de bibliotecas e membros de centros educativos de Galicia, Navarra, Estremadura, Andalucía, A Rioxa e Castela- A Mancha.O intercambio de experiencias entre expertos continuará nas xornadas de venres e sábado, cando se incorporarán tamén profesionais de Cataluña, Murcia, Melilla, Asturias e Aragón.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, conxuntamente co Ministerio, organiza este encontro no marco do Plan LÍA 2010/2015 de bibliotecas escolares (Lectura, Información, Aprendizaxe), que agrupa todas as iniciativas da consellería en materia de bibliotecas escolares e fomento da lectura como medio de potenciar o éxito escolar. Pódese consultar máis información sobre o congreso no enderezo web http://www.bibliotecasescolaresentransito.com .
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.