Notas de prensa

A norteamericana Alyce Santoro creará paisaxes sonoras no Gaiás

A estadounidense colabora con artistas e deseñadores galegos nun proxecto para elaborar un “traxe sonoro”, creado a partir dunha tea que é audible ao elaborarse coa finta magnética de casetes. A actividade busca afondar nos límites do concepto tradicional de música.

A artista norteamericana Alyce Santoro, que participa no ciclo ‘Ruído de Fondo’ organizado pola Cidade da Cultura, dirixirá o 14 de decembro un obradoiro sobre a arte sonora, no que os participantes crearán “paisaxes sonoras” a partir de gravacións realizadas no Gaiás. O prazo para inscribirse neste actividade, que é de balde, ábrese hoxe ata completar as vinte prazas existentes. Os interesados deberán enviar os seus datos a [email protected].

No obradoiro, Alyce Santoro organizará expedicións sonoras nas que os participantes, equipados con gravadoras dixitais ou teléfonos móbiles recorrerán o complexo gravando sons. A través destes rexistros individuais crearán collages co obxectivo de afondar nos límites do concepto tradicional de música.

Os participantes coñecerán tamén os traballos artísticos que Alyce Santoro leva cabo dende fai algúns anos tomando como materia prima o ’sonic fabric’, unha tea sonora elaborada a partir da finta magnética das antigas casetes e que ten a propiedade de sonar cando se frega cun cabezal dun reprodutor, como os vellos walkman.

O traxe sonoro galego

O proxecto que Alyce Santoro leva a cabo dentro do ciclo ‘Ruído de Fondo’ ten por obxecto a confección dun traxe sonoro galego, elaborado a partir de fintas magnéticas de casetes con gravacións enviadas por cincuenta bandas e músicos galegos, entre as que se atopan dende bandas de pop, electrónica a grupos de música clásica, popular e mesmo medieval.

A tea xa está elaborada e agora é a quenda de deseñadores galegos, que serán os encargados de elaborar as prendas de roupa. Será en decembro cando o resultado deste traballo se presente ao público nun espectáculo organizado na Cidade da Cultura, no que se combinará a danza e a performance.

Entre os grupos, músicos ou colectivos que participaron neste proxecto enviando as súas gravacións están Nadadora, Niño y Pistola, Igloo, Julio de la Rosa, Holywater, Berrogüeto, Central Folque de Santiago de Compostela, Marful, Martín Codax, O.M.E.GA, Carlos Suárez, Sirgo Torcendo, Escoitar.org, Ernie Producciones, Falcatruada, Septi, Jane Joyd, Música Mundana, 2uS, Caramuxo, Das Kapital, Voltaica, Glassonion, Doctor Buenas Gracias, Franc3s, Madame Cell, Mano de Obra, Marimontaña, Meninos Carentes, The Mirage, Murmel Bruxas, Dr. Think, Aquófono, Pel De Noz, Phantom Club, Roger de Flor, Samuel Levi, Telémaco, Tora! Tora! Tora!, Transilvanians, Zimmer 103, Espido, Xabier Diaz e Guillerme Fernandez, Lizgairo, Atlántica Vapora Orquestra, Descarga Ao Vivo, Ugia Pedreira e Fred Martins, Maryland, , La Familia, Grupo 1500, Arte en Parte, Omega Brass Ensemble, Arabel Moráguez, Nordestinas, Silvia Penide, Linho do Cuco, Ariel Ninas, Ecléctica Ensemble, Habelas, Xabier Diaz.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-11-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES