
Os nenos destes centros teñen xa praza nos colexios de referencia máis próximos.
Estas unitarias, cuxa relación se publicará no Diario Oficial de Galicia proximamente, non acadan o número mínimo de cinco alumnos que a Xunta rebaixou nos últimos cursos, posto que anteriormente estaba establecido en seis.
Recuperación de matrícula
De feito, grazas a esta rebaixa no número mínimo, o curso pasado mantivéronse en funcionamento a escola de Educación Infantil de Santa Cruz (San Cibrao das Viñas), que incrementa a oito os matriculados de cara ao vindeiro curso, e o Colexio de Pazos-Comoxo (Boiro), que tamén aumenta a seis as matrículas.
Seguindo esta mesma regra, de cara ao próximo setembro, malia a contar con cinco matrículas unicamente, tamén continuarán prestando servizo as escolas de Educación Infantil de Lamas (Moraña) e de Taboadela (que mantén o mesmo número de alumnos que o pasado curso), así como o colexio de Ombre (Pontedeume).
Novos centros para atender matrícula
No contexto de adaptación dos servizos educativos en función das dinámicas poboacionais, a Xunta de Galicia está a reforzar as infraestruturas educativas naqueles territorios onde se rexistra un incremento de demanda. A esta finalidade responden a construción do novo IES Domingo Villar en Vigo, cuxa obra está en licitación é supón un investimento de preto de 19M por parte da Xunta. Tamén en Ames, onde xa está adxudicada a construción do novo CEIP do Milladoiro, que dará servizo educativo a este concello que rexistra un incremento poboacional, e o novo instituto do Pereiro de Aguiar.
Así mesmo, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP ten en marcha a ampliación doutros 18 centros educativos, entre colexios e institutos noutros tantos concellos de Galicia. Ademais dos mencionados de Vigo e Ames, refórzanse as infraestruturas escolares nos concellos de Arteixo, Fisterra, Oleiros e Santiago de Compostela na provincia da Coruña; o de Castro de Rei en Lugo; os de Ourense e Xunqueira de Ambía na provincia ourensá, e os de Caldas de Reis, Pontevedra, Redondela, Vilagarcía de Arousa, Cambados, O Grove e Lalín na provincia pontevedresa.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.