
Arrinca -no compostelá Centro Integrado de Formación Profesional en Lamas de Abade- a cata anual de meles e queixos de Galicia, que organiza a Consellería do Medio Rural en colaboración cos consellos reguladores da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia e as catro denominacións de orixe protexidas queixeiras.
Entre os días 10 e 15 de novembro, o departamento que dirixe Samuel Juárez procedeu á recollida de mostras das industrias participantes á X Cata de meles de Galicia e á XIV Cata de Queixos de Galicia, elixindo ao chou unha mostra de 3 envases de mel de cada un dos participantes e unha mostra de 5 queixos, do mesmo lote, de cada un dos concursantes.
Un dos envases de mel e un dos queixos da mostra recollida quedará en poder do propietario, introducíndose as outras mostras nunha caixa na que figurará unicamente o nome da denominación e o número de mostra. Estas caixas serán transportadas ata o Centro de Lamas de Abade, onde permanecerán debidamente precintadas e refrixeradas ata o inicio das catas.
Para asegurar o anonimato da marca concursante as mostras dos queixos e meles participantes serán etiquetados e identificados cun número que substituirá, durante o proceso de cata, a etiqueta identificativa habitual do produto e que quedará rexistrado xunto coa marca comercial e o número do lote na acta de recollida correspondente. Tamén se eliminará da mostra calquera outro elemento que as poida identificar. No caso dos meles, dada a gran diversidade dos envases empregados na expedición comercial, as mostras recolleranse en envases de cristal transparente idénticos e sen marcas, debuxos nin calquera outro elemento que puidera levar a súa identificación.
Condicións
Os meles poderán concursar en dúas categorías; a Categoría A, que abarca calquera dos meles monoflorais (eucalipto, castiñeiro, silveira e breixo) incluídos no regulamento da IXP Mel de Galicia e a Categoría B, correspondente aos meles multiflorais.
Os queixos que se presenten a concurso deberán ter unha maduración, no momento da cata, de entre 15 e 20 días nos casos do Queixo Tetilla e Arzúa-Ulloa; entre 45 e 60 días para San Simón da Costa e, no caso do Cebreiro, ter unha maduración mínima de 2 días.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.