Notas de prensa

Política Lingüística convoca o concurso de carteis das Letras Galegas 2012

A secretaría xeral de Política Lingüística publicou as bases do certame, que consiste na elaboración dunha exposición arredor da vida e da obra de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado o 17 de maio de 2012, co fin de difundir a vida e obra deste escritor entre o alumnado galego.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para promover a celebración do Día das Letras Galegas 2012 nos centros educativos. Con este obxectivo, propón a elaboración dunha exposición arredor da obra, da época e da lingua de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado o 17 de maio do ano que vén, así como da situación sociolingüística do momento no que viviu.

Segundo se recolle nas bases da convocatoria –que poden consultarse na páxina web da secretaría xeral, www.xunta.es/linguagalega, e no portal educativo www.edu.xunta.es– o concurso conta con dúas categorías: nunha delas poden participar os centros de educación infantil e primaria, e a outra está dirixida aos centros de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional específica. Os centros educativos nos que se imparta educación infantil, primaria e secundaria poderán concursar nas dúas categorías.

A exposición que presente cada centro deberá estar conformada por un total de 10 carteis de 70x50 centímetros. Para cada un deles, elaboraranse unha serie de actividades para guiar a súa observación e fomentar o labor de investigación do alumnado, que se xuntarán á exposición en forma de guía ou cuestionario.

Os traballos premiados

Os grupos de traballo que elaboren as exposicións gañadoras recibirán cadanseu premio en metálico por importe de 3.000 euros. Ademais, a mellor exposición de cada unha das categorías será imprimida e distribuída en máis de 1.600 puntos de Galicia e do exterior, tales como centros de ensino, centros de estudos galegos, centros da emigración, bibliotecas municipais e casas da cultura, entre outros.

Todos os centros que estean interesados participar nesta iniciativa poderán facelo ata o 16 de xaneiro, día en que remata o prazo para a admisión dos traballos.

Obxectivos do concurso

A posta en marcha desta iniciativa responde ao interese da secretaría xeral de potenciar entre os os alumnos e as alumnas o estudo da obra e da época de Valentín Paz Andrade, así como de propiciar a reflexión sociolingüística sobre a etapa histórica na que viviu e de difundir unha visión persoal por parte da comunidade educativa sobre a figura do escritor.

Ao mesmo tempo, o concurso pretende ser unha canle para fomentar a valoración das contribucións individuais e colectivas na dignificación e normalización da lingua galega, e para enriquecer a oferta de materiais existentes en lingua galega e promover a súa divulgación como referentes para outros centros.

Ademais, esta convocatoria aposta pola realización de actividades que fomenten a colaboración e que potencien a implicación activa do profesorado e do alumnado. É por iso que se establece que a exposición sexa concibida como un traballo interdepartamental e que na súa elaboración estean implicados diversos seminarios. No caso dos centros de educación primaria, terase en conta a participación dos equipos de distintos ciclos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-11-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES