Notas de prensa

Aloe Blacc e Bettye Lavette despiden o Galicia Importa 2011 con dous concertos

Os cantantes de soul Aloe Blacc e Bettye Lavette despiden a edición 2011 do ciclo Galicia Importa. O californiano Blacc actúa o 6 de novembro na Sala Capitol de Santiago de Compostela, mentras Labette ofrece un concerto o 8 de novembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

O ciclo Galicia Importa, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, ofrecerá nos próximos días os dous concertos que pecharán a edición de 2011. A primeira das citas será este domingo, 6 de novembro, en Santiago onde actuará o cantante Aloe Blacc. Dous días despois, o 8 de novembro, será a quenda de Bettye Lavette, que ofrece na Coruña o mellor do seu repertorio. Os dous concertos personifican o mellor soul que se pode escoitar na actualidade.

As entradas para asistir a estas actuacións poden adquirirse través das canles habituais do ciclo: a páxina web www.servinova.com, o teléfono 902 43 44 43 ou das tendas Discos Elepé en Vigo, Discos Gong en Santiago e Discos Portobello en A Coruña.

Aloe Blacc, a nova gran promesa do soul, actuará o domingo na Sala Capitol de Santiago a partir das 21,00 horas. Este mozo californiano, ao que moitos sinalan como herdeiro de Marvin Gaye, interpretará os temas do seu último disco, titulado Good Things e que o converteu na gran revelación do soul actual.

Despois de pasar polo dúo hip hop Emanom, o norteamericano Egbert Nathaniel Dawkins III converteuse baixo o alias de Aloe Blacc nun dos máis distinguidos representantes da nova corrente de revivalismo do soul.

Dúas xornadas máis tarde, o 8 de novembro, o Teatro Rosalía de Castro de A Coruña acollerá ás 21,00 horas o concerto da cantante Bettye Lavette, recoñecida como unha das grandes voces do soul. Compañeira de xeración de Aretha Franklin ou de Diana Ross, nos últimos anos estivo presente nos festivais máis prestixiosos de jazz, blues ou soul, ademais dos seus shows en recintos emblemáticos como o Apollo de Nova York ou o Royal Albert Hall de Londres.

Nada en Michigan no ano 1946, foi descuberta con quince anos por Johnnie Matthews, pioneira e descubridora de ilustres como The Temptations, The Supremes o Wilson Pickett. O seu debut foi aos 16 anos e, dende entón, colleitou numerosos éxitos ao longo de catro décadas de traxectoria. O seu último disco, que leva por nome Interpretations: the british rock songbook, é unha viaxe a través de composicións dos Beatles, Rolling Stones, Led Zeppelin ou Pink Floid.

Na mesma liña que na pasada edición, o ciclo Galicia Importa continua apostando por un prezo notablemente máis baixo na venta de localidades que os concertos dos mesmos artistas noutras cidades da Península, para facilitar así que a música en vivo chegue aos milleiros de seguidores cos que conta en Galicia. Nesta edición 2011 xa puidemos gozar da música de Pete Doherty e Adam Cohen en Santiago; de Jay Jay Johanson na Coruña; do estadounidense M. Ward e o británico Patrick Wolf en Vigo, e do americano Bonnie ‘Prince’ Billy na cidade herculina.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-11-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260619-xunta.JPG) O programa formativo Medrando Xuntas permitiu que as mulleres participantes traballasen habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomentou a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se deron a coñecer proxectos que están a transformar a economía. En primeiro lugar, Medrando Xuntas contou cun programa formativo para reforzar a súa participación nas entidades de economía social. En segundo lugar, a formación para directivas estaba dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara ao liderado.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presentou a súa tempada 2026/27, 'Memoria', unha proposta artística que convida a reflexionar sobre a relación entre a música e a memoria, sobre a forma na que as obras do pasado continúan vivas no presente e sobre como a creación contemporánea dialoga permanentemente coa tradición. Concibida arredor da idea da memoria, a nova programación reúne grandes obras do repertorio sinfónico e algunhas das voces máis destacadas da creación actual.
A sala Normal acolleu a presentación da publicación 'De Esmelle a Ãtaca', unha reflexión de Emma Pedreira e María Besteiros sobre a pegada de Begoña Caamaño na escritura mítica feminista, editada polo Servizo de Publicacións da institución académica. O acto, protagonizado por unha das autoras, María Besteiros, foi aberto pola vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña, Cristina Naya.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES