
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo colaborou coa editorial Laiovento na publicación do volume A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño, un amplo traballo divulgativo sobre a traxectoria e a poética teatral dun dos mellores dramaturgos galegos de todos os tempos. O profesor Xosé Manuel Fernández Castro é o autor desta edición, realizada como resultado da síntese da tese doutoral homónima que defendeu en 2007 na Universidade da Coruña.
O libro afonda na rica personalidade profesional de Roberto Vidal Bolaño mediante a investigación e a visión de conxunto da súa vida, obra e pensamento; e reivindica a pegada e a importancia do autor dentro do panorama da literatura dramática universal. Ademais, establece un catálogo que recolle unha clasificación coherente do corpus bolañés desde dous focos, o dramatolóxico e o teórico-crítico.
Dividida en cinco grandes bloques de contido, a obra refírese á carreira de Vidal Bolaño a través de catro etapas da súa biografía profesional, ao tempo que establece a catalogación e clasificación da súa obra dramática. Tamén inclúe unha visión de conxunto da súa produción literaria no eido dramático, presentada en dez segmentos marcados polos criterios de exclusións, adopcións, adaptacións, transmodalizacións, público, espazo, soliloquios, tempo inconcreto, outrora e agora.
Sobre Agasallo de sombras
A parte máis extensa do traballo ocúpaa o estudo da peza Agasallo de sombras, estreada en Vigo en 1984. As circunstancias desa primeira representación, a relevancia deste texto, as fontes históricas e literarias e a análise dramatolóxica da escritura, a dicción, a ficción dramática, o tempo, o espazo e as personaxes e mesmo a interpretación ideolóxica desta obra centran este estudo.
A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño complétase cunha extensa bibliografía e un índice onomástico.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.