Buscador
Noticias
A S.A. de Xestión do Xacobeo promove esta iniciativa que levará as actuacións da Orquestra Panorama, que empezou a actuar o 25 de decembro de 1978, a máis de 200 vilas galegas durante todo o Ano Santo 2010. A xira arranca o 12 de marzo en Bembribre.
A promoción da Dieta Atlántica e da Gastronomía dos Camiños centran esta edición do Salón Xantar que ten concedida a homologación de formación para docentes e solicitáronse créditos de libre configuración na Universidade de Vigo.
Turismo participa en Venecia no lanzamento do proxecto i-Speed que fomentará a competitividade e a sostenibilidade do sector fronte ao crecemento global a través das tecnoloxías da información. i-Speed pretende incrementar a conciencia dos políticos no potencial das ferramentas online.
Converter á Facultade de Ciencias da Comunicación da USC nun centro de referencia no mundo é o obxectivo que marcará a xestión do profesor José Pereira ao fronte deste centro compostelán.
Trátase dunha actividade coa que o Xacobeo Classics rende homenaxe ao decano dos compositores galegos Roxelio Groba, no seu oitenta aniversario, levando por oito vilas galegas a súa música.
Rubens, un dos pintores barrocos máis significativos da escola flamenca, creou un importante obradoiro formado cos mellores pintores da época seguindo a tradición iniciada no XV por artistas como Durero. A mostra inaugúrase o xoves 18.
Tras la cuarta prueba válida disputada del Open de Invierno de Cruceros que organiza el Real Club Náutico de Vigo, el Bosch Comunication aprieta la clasificación del campeonato. Se produjeron victorias parciales del Mummy, Bosch, Trasto, Pitoucho y Laxas.
Organizado por El Corte Inglés con patrocinio de Congelados Pereira, la Final Gallega se celebra el sábado 20 de febrero en el marco del Fórum Gastronómico Santiago 10.
O ciclo Xacobeo Classics achega a Vigo o recital da mezzosoprano norteamericana Dolora Zajick que está acompañada por Francisco Casanova, o mellor tenor verdiano da súa xeración.
Para celebrar a edición especial Xacobeo 2010, Xantar organizou un paquete especial de dous días que inclué a participación no salón e unha visita a Santiago de Compostela.