Notas de prensa

Galicia lanza en Venecia o proxecto i-Speed de fomento do turismo a través das TIC

Turismo participa en Venecia no lanzamento do proxecto i-Speed que fomentará a competitividade e a sostenibilidade do sector fronte ao crecemento global a través das tecnoloxías da información. i-Speed pretende incrementar a conciencia dos políticos no potencial das ferramentas online.

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, participa xunto con outros nove socios de nove países na reunión de lanzamento do proxecto Interreg IVC i-Speed. O proxecto ten entre os seus obxectivos a mellora da efectividade das políticas rexionais e locais relacionadas coa Sociedade da Información e o Desenvolvemento Económico a través dun amplo intercambio de experiencias a nivel político, dirixidas a identificar, analizar e transferir as boas prácticas no uso eficiente dos servizos baseados nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) para fomentar a competitividade e a sostenibilidade da Economía do Turismo.

Entre os obxectivos específicos do i-Speed está o de incrementar a conciencia dos políticos cara o potencial das tics e ferramentas online, asegurando a innovación na xestión e crecemento da produtividade na Economía do Turismo. Así mesmo, o traballo pretende fomentar a cooperación entre o sector público e privado no marco da Economía do Turismo e fomentar o atractivo económico das rexións da UE e apoiar a adaptación de políticas rexionais e locais cara a cambios socioeconómicos máis importantes.

Entre os resultados agardados de cara ao remate do i-Speed están a mellora das políticas rexionais e locais para o desenvolvemento de servizos públicos baseados nas tics co obxectivo de incrementar a produtividade e competitividade de negocios e empresas; o maior e máis xeneralizado ‘saber facer’ dos socios a respecto das solucións baseadas nas TICs para a Economía do Turismo ou a mellor cooperación e diálogo entre o sector público e os actores privados no marco da Economía do Turismo.

Orzamento e duración do proxecto i-Speed

O proxecto ten unha duración de 36 meses e o partenariado do mesmo está composto exclusivamente por autoridades locais e rexionais directamente encargadas da definición das políticas ás que se dirixe este proxecto. O consorcio está formado por socios europeos, equiparando autoridades locais con menos experiencia con rexións ou cidades máis avanzadas. Foron escollidos diferentes contextos para estudar solucións que poidan ser transferibles a un maior número de países.
No proxecto, cuxo presuposto supera o 1.400.000 euros, participan dez socios de nove países: Italia, Noruega, Polonia, Bulgaria, Grecia, Reino Unido, España, Romanía e Holanda.

Nesta primeira reunión de lanzamento, terá lugar un intercambio de experiencias entre os socios e realizaranse análises DAFO da situación socioeconómica dos seus territorios sobre a base dunha metodoloxía común. Estas análises serán o punto de partida para o intercambio de experiencias que serán discutidas no primeiro workshop que se celebrará en abril.


Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2010-02-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES