
Rubens, un dos pintores barrocos máis significativos da escola flamenca, creou un importante obradoiro formado cos mellores pintores da época seguindo a tradición iniciada no XV por artistas como Durero de realizaren ilustracións con distintas técnicas para diminuÃr o custe e ampliar o número de compradores. Para a súa realización precisábase a colaboración de profesionais especializados como debuxantes, gravadores, estampadores ou editores.
Con este fin rodeouse Rubens dos máis recoñecidos gravadores do momento, como Lucas Emil Vorstemn, Pontius, Cornelio Danckerts, Theodor van Thulden ou Cornelio Galle. Ademais, logo da súa morte houbo moitos proxectos de reprodución artÃstica da súa obra entre os que destacan a serie de gravados que reproduce o ciclo de pinturas de MarÃa de Medicis ou o ‘Hércules e OnfaleÂ’, reproducida polo académico español Juan Antonio Camacho e que foi editada pola Real Academia de San Fernando.
Estes e outros gravados da obra de Rubens datados entre o século XVII e principios do XX, nun total de 40, exporanse a partir deste xoves no Colexio de Fonseca da USC. As obras exhibidas permiten a observación non só dos distintos xéneros practicados polo obradoiro, coma paisaxes ou retratos, temas mitolóxicos ou históricos..., senón das fieis caracterÃsticas das composicións, o tratamento efectista da luz ou as naturezas exuberantes deste gran mestre.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.