
O ciclo Xacobeo Classics continúa desengrenando a súa excepcional selección de música clásica para este ano 2010. Desta volta, Vigo acolle un dos eventos máis agardados dentro da completa e ambiciosa programación de Xacobeo Classics, a actuación da que é considerada como a mellor mezzosoprano das últimas décadas, Dolora Zajick. A interpretación da mezzo norteamericana suporá a apertura do ciclo Grandes Voces.
Na súa actuación no Centro Cultural de Caixanova, a estrela do Metropolitan de Nova York, Dolora Zajick, compartirá escenario co tenor dominicano Francisco Casanova, cualificado por algúns como o cuarto tenor lÃrico da música clásica e o mellor tenor verdiano da súa xeración. A mestura de dúas das grandes voces do panorama actual da música clásica representa un atractivo sen precedentes do que será unha actuación única.
Dolora Zajick é un dos máximos expoñentes no rexistro mezzo que destaca pola súa especialidade en personaxes de Verdi. Debutou como Azucena de Il trovatore de Verdi na San Francisco Opera, e máis tarde co mesmo papel no Metropolitan Opera onde leva cantadas 180 representacións en vinte temporadas. Outros roles asociados con ela son Amneris, Eboli, Ulrica, Lady Macbeth, Adriana Lecouvreur, la Favorita, Marfa en Khovanshchina, Jezibaba en Rusalka, Santuzza en Cavalleria Rusticana, Adalgisa en Norma e Juana de Arco en La doncella de Orléans de Chaicovski.
Actuou baixo a batuta de grandes directores como James Conlon, Daniele Gatti, Valery Gergiev, James Levine, Lorin Maazel, Zubin Mehta, Riccardo Muti, Michael Tilson Thomas, en recitais que viaxaron polos teatros máis emblemáticos da música clásica: Lyric Opera de Chicago, Opera de San Francisco, Houston ,Toulouse, Verona, Madrid ou o Liceo barcelonés.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.