Archivo (9 del 2008)

Buscador

Noticias

A exposición itinerante En Camiño, promovida por Innovación e Industria a través do Xacobeo, inicia en Xenebra o seu percorrido europeo. A mostra sobre o Camiño de Santiago trasladarse tamén a Zurich, Frankfurt e Berlín.
A USC corre “un moi serio risco de entrar nun período de estanflación de graves consecuencias para o noso país”, comezou advertindo o reitor Senén Barro no seu discurso de apertura do curso académico 2008-09 na USC, e advirte que “non podemos seguir así”.
Entre o 4 e o 5 de outubro celébrase na localidade lucense esta festa de interese turístico galego. A II Xornada de Cooperativismo, presentacións de libros e a farra da faba, entre as actividades propostas.
Trátase dunha granxa mariña, que se dedicará ao cultivo de rodaballo, e que ten previsto comezar a funcionar no primeiro trimestre do ano que vén no Porto de Tragove, en Cambados (Pontevedra).
24 artistas, verbenas e actuacións de maxia son algúns dos espectáculos que conforman o programa de festas do San Froilán 2008 entre o 4 e o 12 de outubro. Julieta Venegas ou El Canto del Loco, entre os principais concertos.
O presidente da Xunta lembra que Galicia ten hoxe 120.000 ocupados máis que no ano 2004, que hai 60.000 desempregados menos, e que a taxa de paro se sitúa no 8%, cando hai catro anos era do 13 ou do 14%. Salienta que as exportacións e o comercio exterior galego creceron un 50%.
A Asociación Barista de Galicia e o Fórum Cultural do Café organizan un evento do que sairá o representante galego que participará no Campionato de España a celebrar en Barcelona. Participan nove profesionais de Pontevedra, Lugo, Burela, Chantada, A Coruña e Santiago.
O premio foi concedido ao filme galego Pradolongo, da productora Via Láctea Filmes, que foi proxectado na sección Made in Spain do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, unha das mellores plataformas de promoción internacional para o audiovisual.
Comezou en Verín a campaña de fomento da lingua galega e da lectura no ámbito familiar. Teatro, literatura e novas tecnoloxías nun ambicioso proxecto da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia.
O director da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, Manuel Curiel, presentou esta publicación concebida como un diccionario de xentes, obras e institucións relacionadas con Lugo e a séptima arte.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2025 (192)

2024 (365)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES