
O director da Semana de Cine de Autor de Lugo, Manuel Curiel, acompañado polo presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz, presentou o libro Un Lugo de cine. Trátase dunha compilación de datos presentados a xeito dun diccionario de xentes, obras e institucións relacionadas con Lugo e a séptima arte.
O libro presentouse no Gran Hotel Lugo no marco da XXX Semana Internacional de Cine de Autor que se celebra en Lugo entre o 21 e o 27 de setembro. Previamente a esta presentación tivo lugar a comparecencia
de Arsenio Martin Ensemble que puxo a música en directo á proxección da pelÃcula Carmen, de Ernst Lubitsch, coa que comezaba esta Semana de Cine.
Unha semana que continúa co tradicional ciclo Infantil e coa concurrida Sección Oficial con pelÃculas a concurso como 4 meses, 3 semanas, 2 dÃas; Pretextos; Aritmética emocional; Conversaciones con mi jardinero; La boda de Tuya e El baño del Papa. Aos ciclos sobre Igualdade, curtametraxes e cine cubano, Imprenscindibles ou o especial Gutiérrez Alba, súmanse eventos especiais como a proxección de El Pórtico de la Gloria, no especial Xacobeo; Historias de la radio, en homenaxe a Tonina Gay Parga, ou a estrea en España da pelÃcula arxentina Imaginadores.
FotografÃas: Manuel GarcÃa
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.