Actualidad de Galicia

Foto de la noticia destacada (pesca-azul.jpg) A Estratexia da Economía Azul de Galicia cumpre o seu primeiro ano consolidando á comunidade como referente internacional en sustentabilidade e innovación mariña, ao garantir que o mar siga sendo motor de crecemento económico, protección ambiental e benestar social para as vindeiras xeracións. Esta Estratexia , elaborada xunto á comunidade científica, entidades públicas e privadas e a cidadanía, está composta por 40 medidas que nacen do diálogo e do consenso con máis de 200 axentes implicados, e que se sustentan en tres piares fundamentais: sostibilidade, innovación e cooperación. Unha folla de ruta que pretende mellorar a gobernanza, o impulso da innovación e a transferencia tecnolóxica, a protección do medio mariño e do patrimonio cultural marítimo, así como a promoción da remuda xeracional e do emprego de calidade nas zonas costeiras.

Opinión

OpinionOs estaleiros de David del Riego Álvarez, naceron na casa de Carmen López (de Aganchas) preto da salón Bahía (descoñezo o ano). Desde alí eran trasladadas as lanchas ata o mar por mediación de rolos de madeira os cales previamente untaban de sebo para que esvararan. Sobre de 1940, este estaleiro pásase para ...
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto del resto de noticias (underfest-2025.jpg) Underfest Xacobeo volve este mes de novembro de 2025 coa súa oitava edición, converténdose nunha cita indispensable na que Vigo volve recibir público non só de Galicia, senón, tamén do resto de España e do estranxeiro, con seguidores que nas últimas edicións do festival chegaron de lugares tan dispares como Tokio, Londres, Frankfurt, Dublín, Lisboa ou Edimburgo. No cartel do Underfest Xacobeo 2025, co apoio de Turismo de Galicia, danse cita nomes como os lendarios The Psychedelic Furs, <>, Dewolff, We Are Scientists, Tahiti 80, Chucho, Maximilian Hecker, The Devils, Sr. Chinarro, Cápsula, Black Stereo, Incurable, Nenu e The Freebillies, entre moitos outros. Neste 2025, o Underfest Xacobeo completa un programa no que suma destacados nomes internacionais e nacionais, ademais do mellor talento galego.

Notas de Galicia

A Comisión Europea acaba de facer pública a concesión do primeiro Centro Europeo de Excelencia Cuántica en Europa no que participará Galicia a través de USC, UDC e do Centro de Supercomputación de Galicia. Este centro, financiado pola Empresa Común de Computación de Altas Prestacións Europea, está impulsado por un consorcio de once socios de cinco países e ten como obxectivo fomentar o desenvolvemento das tecnoloxías cuánticas e garantir o liderado europeo en computación cuántica.

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto de la tercera plana (portugal_galicia.jpg) A iniciativa Visit Minho Plus está liderada pola AECT Rio Minho e conta coa colaboración de Turismo de Galicia. Para o seu desenvolvemento, está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027. Portugal constitúe o máis importante mercado emisor para Galicia. De xaneiro a setembro deste ano, visitaron a nosa comunidade 232.031 turistas que procedían do país luso. No referente ao Camiño de Santiago, é o 4º país estranxeiro do que proceden máis peregrinos, con máis de 22.000 persoas que recolleron a Compostela no que vai de 2025.

Notas de Galicia

O centro de investigación atlanTTic da UVigo participa no proxecto europeo DistriMuSe (Distributed Multisensorial Systems), unha iniciativa destinada a mellorar a saúde e a seguridade das persoas mediante o uso de sistemas multisensor, procesamento distribuído e técnicas avanzadas de aprendizaxe automática. No proxecto, coordinado polo Centro de Investigación Técnica VTT de Finlandia, colaboran máis de 50 socios.

Cuarenta años no es nada... (por Antonio Esteban)

Foto de la noticia destacada (luis_abelleira.jpg) Tienes tú, LuisU Abelleira
más cosas que tengo yo.
De segundo soy Alonso
Tú, de segundo, Mayor
Y no tengo -tú si tienes-
como coche un “Renault”
ver todas

Humor

Humor Sabela Arias HumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorMillán M.
 

 
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES