Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pazo da Ópera da Coruña. Concerto do Nadal 2025 (2)

Otero Canto, Xosé - viernes, 16 de enero de 2026
Surrealista concepción do concerto escrito mentres se desenvolvía.

As luces en semisombra buscan a súa afirmación e acéndense as luciñas vermellas á procura do silencio, sempre equidistantes, realzando e ensinándonos o escenario que mira ao centro acaramelado de aplausos coa inminente chegada do seu director cando se inicia unha apertura explosiva que galopa musicalmente facendo entrar os violíns nun compás ata un refrán que se rompe e se escacha por toda a cavea romana chea de asistentes galegos.
Homenaxe a Enrique Rojas que construíu esta orquestra sinfónica e ao que tanto lle debemos como xerente da Sinfónica de Galicia entre 1992 e 2000, ben merece estes sentidos aplausos.
Pazo da Ópera da Coruña. Concerto do Nadal 2025 (2) Imos logo cara á forza do destino e as traizóns do amor e do desamor desa Carmen de Bizet e desas suites que son esencias deses movementos amorosos con eses violíns que serran e serran cos seus arcos e tripas de cordas máis e máis sinalizando os espazos que seguen os violoncellos fretando os sons para que entre toda a orquestra, marcando un diálogo entre as frautas e os violíns, dando secuencias apaixonadas con hispánicas pandeiretas. A corda arrasa os sentimentos e acompaña os corazóns adormecidos á procura dos silencios.
Comeza outra vez a orquestra cos violíns entregados a unha loucura que se vai aumentando pouco a pouco, engordiño, nun “in crescendo” matemático e arroubador cando entra o feitizo dun fagot que parece como se lle rendese homenaxe ao mesmísimo Bizet que nunca soubo do éxito que ía ter esta Carme de Hispania, amiga dos contrabandistas, e dando despois fin cunha habaneira.
É mellor que non siga este amor imposíbel que en notas musicais vai xurdindo, elevándose e incrementándose para volver a empezar con esa beleza de Carme nunha preciosidade do vento e da corda explosiva de contornos dunha Carme transgresora que aviva os corazóns.
O equipo de sons está no medio do auditorio e o vento en vibratos xuntados camiña cara a luz que reloce neses violíns agudos deseñando pentagramas de sedas, camiño da luz e logo acordes de repouso unidos a ese fío de luz cunha finura inexplicábel, quizais de Carmen, con desexos ocultos que se manifestan devagariño antes de chegar ao silencio que se irrompe coma se se ferisen as entrañas cheas de aplausos.
Escoitaremos a canción do toureador, acenderase a mecha do triángulo amoroso, aparecerán Carme e don Xosé, logo a famosa marcha e unhas trompetas militares ou picariños xogando á guerra para rematar coa famosa danza bohemia. A danza do toureiro coa corda e a trompeta que está moi forte, fortísima, deseñando ao toureiro cun final abrupto e logo seguir coa trompeta militar de pequenos disimulada cos violíns e todos a unha, amodiño que vén a frauta travesa, violíns e violas en pizzicatos harmoniosos dos violoncellos e despois a frauta solista vai camiñando ata a percusión e o encontro total da orquestra que anda buscando a chegada do final que os corazóns inquedos esperan.

Continuará
A Coruña, 19 de decembro de 2025
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES