Os ronquidos no cadaleito
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 15 de enero de 2026
En certa ocasión e en terras de Vilaronte morreu a avoa da casa, unha muller que xa superaba con moito os 90 anos de idade.
Naqueles tempos aínda non existían os tanatorios, polo que os cadáveres eran velados nas casas e a capela ardente preparábase no lugar mais cómodo da casa para recibir as condolencias de veciños e amigos.
A capela ardente para colocar o cadaleito coa anciá, púxose na parte baixa da casa, nunha sala á dereita xusto ao entrar na fogar familiar.
Enfronte a esta sala atopábase a corte onde estaba unha vaca e un burro e pegada á sala mortuoria estaba a cociña separada por un tabique. Na parte de arriba estaban as habitacións.
A avoa da casa morreu a mediodía e unha vez preparada a sala mortuoria comezou a visita de familiares, veciños e amigos.
Chegada a noite, e ao quedar só os familiares da anciá, todos decidiron subir para os cuartos e descansar para o enterro do día seguinte.
Todos se foron para a cama agás o neto mediano da defunta e o sogro da mesma que decidiron quedarse un pouco mais para velar á avoa e sogra.
Transcorridas varias horas da noite, pai e fillo decidiron ir á cociña e preparar un café. Como a cociña era de leña, entre que lle prenderon lume e queceu a auga, moeron o café e fixeron todo aquilo que antes conlevaba facer un café, o pai díxolle ao fillo que ía á sala onde estaba a defunta para coller no armario que alí había, unha botella de augardente para botarlle unhas gotas ao café.
O noso home entra na sala que só estaba iluminada con dúas velas colocadas na cabeceira do cadaleito, cando pasmado observa que do interior do ataúde saían ronquidos.
O xenro da defunta, impresionado do que escoitaba, decidiu prestar mellor atención achegándose mais ao cadáver para asegurarse de si do interior da caixa saian verdadeiramente aqueles ronquidos ou de que outro son se trataría.
Achegouse todo o que puido á muller e efectivamente o que se sentía no cadaleito eran ronquidos moi lenes.
Entre sorprendido e asustado, correu á cociña para comunicarlle a nova ao seu fillo dicíndolle con ollos de sobresalto que ¡túa avoa está roncado na caixa!.
O fillo dubidoso, preguntoulle a seu pai se xa había bebido algo, e en ton cabreado díxolle ¿meu pai, cómo vai roncar a avoa se está morta?, pero aló se foron os dous á sala mortuoria. Ambos en sepulcral silencio, escoitaron moi detidamente e efectivamente, do cadaleito xurdían ronquidos.
O neto da defunta, de inmediato procedeu a prender a luz para ver mellor e tratar de levantar á avoa pensando se en vez de morta estaría profundamente durmida e tratar de que non se decatara de que xa estaba na caixa.
Cando o neto lle vai botar a man a súa avoa, observa pasmado de que a morta estaba ben morta e non era ela a que roncaba, pois o que roncaba, e ben que roncaba, era o gato da casa que por ser negro non se vía ben co resto do negro tanto da caixa como da roupa da anciá, e o moi pillo, atopou o lugar idóneo entre a cabeza da defunta e a beira da caixa para botarse a durmir.
CASO REAL.

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora