O amor ten a solución
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 15 de enero de 2026
A vida presenta multitude de problemas a tódalas horas e a tódalas idades.
A veces encontrámonos desbordados.
Fáltanos tempo.
O reloxio tennos controlados:
A tal hora temos que estar en tal sitio.
Á seguinte, noutro.
Vémonos obrigados a atender a tantas cousas que non dámos feito.
A VIDA ESTÁ MOI CARA.
Ofrécennos cada día máis cousas para conseguir mellor nivel de benestar:
-Robots para a casa.
-Robots para a empresa.
-Robots para a medicina.
-Robots para a educación.
-Tecnoloxia para esto.
-Tecnoloxia para aquelo.
-Tecnoloxía para aqueloutro.
E todo costa cartos.
OS CARTOS SON NECESARIOS
Os cartos andan á orde do día para adquirir cousas.
Sen cartos non se pode saír da casa.
Pasamos unha boa parte da vida traballando para conseguir cartos.
Porque os cartos solucionan moitos problemas.
Mentres haxa cartos, cousas para comprar non van a faltar.
Os cartos son a moeda de cambio que utilizamos no mundo mercantil.
PERO TER CARTOS NON ABONDA
Porque os seres humanos somos moito máis que materia e precisamos:
Cariño, tenrura, convivencia, harmonía, ánimos, valentía, fortaleza, prudencia, humildade, amabilidade, fe, esperanza, templanza, caridade, honestidade, servicialidade, xenerosidade, paciencia, constancia, compañía e un sen fin de cousas máis que non hai cartos no mundo que as paguen, porque non teñen prezo.
NON TEÑEN PREZO:
-O cariño con que nos tratan as persoas que nos aparecian.
-A tenrura que nos ofrecen as persoas con bo corazón.
-A convivencia que nos facilitan as persoass coas que convivimos, dentro e fóra da casa.
-A harmonía que se respira nun vecindario, cos compañeiros de traballo, coas amistades...
-Unha palabra de ánimo cando te ves esgotado/a.
-A valentía necesaria para afrontar certos problemas.
-A fortaleza para que non desfalecer ante os avatares da vida.
-A prudencia necesaria para non ofender ás persoas con palabras ou acción inoportunas.
-A humildade que adorna o corazón das persoas sencillas.
-A amabilidade no trato propia das persoas con boa educación.
-A fe que é a forza máis poderosa.
-A esperanza que dá tempo ó tempo.
-A templanza que nos dá seguridade nos momentos álxidos da vida.
-A caridade cristiá que parece pasada de moda; pero faise necesaria en tódolos tempos e en tódalas latitudes.
-A honestidade das persoas con digndade, das persoas íntegras, das persoas que actúan con rectitude.
-A servicialidade das persoas que cando ven unha necesidade non fai falta que se lles diga nada, ofrécense no que está o seu alcance.
-A xenerosidade das persoas que "traen á raia" o seu EGO.
-A pacienca: esa virtude que todo o alcanza.
-A constancia desas persoas que insisten e insisten e volven a insistir.
-A compañía que soluciona os problemas derivados da soidade non desexada, que é un dos peores males destes tempos.
-Etc, etc
O AMOR PON REMEDIO A TODO
Pero tampoco hai tendas para comprar o amor.
Sae do noso corazón cando nel habita o AMOR DOS MORES.
O AMOR é o dono do mundo, ó único que pon solución a todo
Os cristiáns chamámoslle DEUS.
Deus está en toda a creación.
Basta con observar tanta maravilla por poder sentilo aínda que non o vexamos.
Con ve-las súas obras, é suficiente.
Pero parece que imos polo mundo xogando á "pita cega" como xogan as criaturas e non vemos a realidade; pero...
"A VIDA NON É UN XOGO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora