//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 22.477 deles 4.724 son da área da Coruña, 2.702 da de Lugo, 2.679 da de Ourense, 2.392 da de Pontevedra, 4.527 da área de Vigo, 3.918 da de Santiago e 1.307 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 484 en unidades de hospitalización e 21.968 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 466.919 persoas curadas, rexistrándose 3.086 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.683.227. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.523.752.
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantiveron hoxe un encontro con representantes da hostalería para comunicarlles a decisión de retirar a obrigatoriedade de presentar o certificado covid -tanto de vacinación como de recuperación da enfermidade ou proba negativa- para acceder aos locais de hostalería, tras a reunión de onte do comité clínico. Deste xeito, desde as 00,00 horas deste sábado quedará sen efecto esta medida que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizara ata esa data.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou no acto de sinatura dos catorce primeiros plans de saúde local Elviña, Os Mallos, Santa Comba, Teo, A Estrada, As Pontes, Caranza, Vilalba, Xinzo de Limia, Castro Caldelas, Cambados, Virxe Peregrina, Sárdoma e Lavadores-, cos que Galicia, dixo, está a marcar o camiño da transformación da atención primaria en España, e se sitúa nunha posición pioneira e de referencia para outras comunidades, ao seren estes plans 'unha panca de cambio para todo o sistema galego de saúde'.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 24.102 deles 5.153 son da área da Coruña, 2.743 da de Lugo, 2.816 da de Ourense, 2.654 da de Pontevedra, 4.928 da área de Vigo, 4.187 da de Santiago e 1.362 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 31 están en UCI, 546 en unidades de hospitalización e 23.525 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 462.043 persoas curadas, rexistrándose 3.079 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.674.570. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.520.500.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 25.970 deles 5.507 son da área da Coruña, 2.921 da de Lugo, 3.001 da de Ourense, 2.877 da de Pontevedra, 5.408 da área de Vigo, 4.536 da de Santiago e 1.440 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 31 están en UCI, 567 en unidades de hospitalización e 25.372 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 458.468 persoas curadas, rexistrándose 3.075 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.671.626. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.518.975.
O Sergas presentou o novo protocolo para o réxime de visitas e acompañamento nos centros sanitarios galegos, adaptándoo á situación epidemiolóxica actual. A Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria lembra que continúan en vigor medidas e limitacións como respectar os aforos establecidos nas habitacións e outros espazos dos hospitais, ter Certificado covid, e o uso continuo da máscara e o mantemento da distancia de seguridade interpersoal. Os acompañantes de pacientes con infección por covid-19 deberán facer uso do equipamento EPI para coronavirus.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 33.355 deles 7.284 son da área da Coruña, 3.611 da de Lugo, 3.707 da de Ourense, 3.732 da de Pontevedra, 7.025 da área de Vigo, 5.871 da de Santiago e 1.728 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 36 están en UCI, 562 en unidades de hospitalización e 32.757 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 444.235 persoas curadas, rexistrándose 3.061 falecementos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 34.139 deles 7.557 son da área da Coruña, 3.601 da de Lugo, 3.648 da de Ourense, 3.818 da de Pontevedra, 7.336 da área de Vigo, 6.030 da de Santiago e 1.751 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 37 están en UCI, 587 en unidades de hospitalización e 33.515 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 441.001 persoas curadas, rexistrándose 3.056 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.649.395. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.504.113.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 36.105 deles 7.952 son da área da Coruña, 3.817 da de Lugo, 3.844 da de Ourense, 4.063 da de Pontevedra, 7.872 da área de Vigo, 6.307 da de Santiago e 1.843 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 42 están en UCI, 611 en unidades de hospitalización e 35.452 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 436.603 persoas curadas, rexistrándose 3.051 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.644.291. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.501.312.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 38.640 deles 8.484 son da área da Coruña, 4.044 da de Lugo, 4.035 da de Ourense, 4.320 da de Pontevedra, 8.649 da área de Vigo, 6.822 da de Santiago e 1.910 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 44 están en UCI, 619 en unidades de hospitalización e 37.977 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 431.781 persoas curadas, rexistrándose 3.038 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.640.605. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.501.312 .
O réxime de confinamento vivido en España durante a primeira vaga de contaxios por mor da COVID-19 chegou demasiado tarde nalgunhas provincias, ao tempo que podería terse acortado noutras. Esa é unha das conclusións que acaban de obter científicos da USC logo de fixar niveis de alerta epidemiolóxica en base á análise dos 250.000 casos de COVID-19 diagnosticados entre febreiro e xuño de 2020. O estudo que acaba de ser publicado na revista Archivos de Bronconeumología, revista da Sociedade Española de Neumoloxía.
O premio, que leva o nome do cámara ferrolán asasinado en Bagdad no 2003, ten o obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente. Calquera colexiado do CPXG ou socio do Club de Prensa de Ferrol pode entregar unha proposta.
Analizar a relación entre os coñecementos, actitudes e prácticas docentes do profesorado de ESO relativas á igualdade de xénero, a diversidade sexual e cultural e as situacións de bullying experimentadas polo seu alumnado. Este é o obxectivo do proxecto de investigación Bullying, heteronormativa e etnocentrismo: o rol do profesorado de Educación Secundaria (Bullherprofes), posto en marcha pola Universidade de Vigo e no que participarán 1000 docentes e 2000 estudantes de diferentes puntos da xeografía estatal.
O Instituto da Lingua Galega (ILG) organiza o seu simposio anual dedicado nesta edición baixo o lema Estándar, norma e variación: procesos, problemas e perspectivas que se desenvolverá de xeito virtual o vindeiro 8 de febreiro. Este foro que tocaría celebrar en 2020 tivo que posporse, debido á situación extraordinaria creada pola pandemia mundial e por tal motivo celébrase neste ano 2021.
A vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade, María José Lombardía Cortiña, presentou este martes, de xeito telemático, a XI edición do programa Explorer Jóvenes con Soluciones, unha iniciativa de emprendemento universitario que promove o Banco Santander e dirixe o Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE).
O xurado do XXI Premio Aresa reuniuse para avaliar as dezaseis candidaturas presentadas e, de seguido, dar a coñecer os nomes das catro propostas finalistas da vixésimo primeira edición do Premio Aresa: Centro de Formación Rural-EFA Fonteboa, Arnigal Cultivos, Cooperativa A Carqueixa e a Estratexia de loita ecolóxica fronte á praga de rata toupa,unha iniciativa presentada polo docente e investigador da USC Pablo Sánchez Quinteiro.
O ano pasado caracterizouse por ser un ano lixeiramente seco e dos máis cálidos das últimas décadas. Esta é a principal conclusión do balance realizado por MeteoGalicia, que no avance do seu informe anual subliña sobre todo a anomalía rexistrada no que respecta ás temperaturas, con mínimas extremadamente cálidas, e máximas e medias moi cálidas.
Profesores e investigadores de dez universidades españolas debaterán os días 26 e 27 de xaneiro, a través da plataforma virtual Teams, sobre os valores e tendencias dos medios audiovisuais de comunicación públicos europeos na actualidade. Ao longo das dúas xornadas, as persoas participantes abrirán o debate presentando o avance dos seus estudos, expoñendo temas relacionados coas tendencias, os retos, o financiamento, e o valor do servizo público europeo.
Investigadores da USC deseñan unha metodoloxía que permite medir cuantitativamente, a través da análise da rede social Twitter, o estado da opinión pública e o seu grao de adhesión ás políticas gobernamentais no marco da pandemia por mor da COVID-19. O artigo Incorporating social opinion in the evolution of an epidemic spread analiza o estado da opinión pública en outubro de 2019 e abril de 2020.
A Coruña e a súa comarca quedáronse nesta edición con dous finalistas: Alicia Tojeiro que subiu sete postos na clasificación e alzouse co recoñecemento de mellor profesora española de Primaria e Víctor Arufe que conseguiu o premio ao mellor docente universitario na primeira edición de 2017, e este ano mantense na novena posición en educación universitaria. A particularidade destes premios é que os docentes son nomeados polo seu alumnado e as familias dos seus pupilos.