Notas de prensa

Alicia Tojeiro, de Santa Cruz, recoñecida como mellor mestra de primaria de España por Educa Abanca

A Coruña e a súa comarca quedáronse nesta edición con dous finalistas: Alicia Tojeiro que subiu sete postos na clasificación e alzouse co recoñecemento de mellor profesora española de Primaria e Víctor Arufe que conseguiu o premio ao mellor docente universitario na primeira edición de 2017, e este ano mantense na novena posición en educación universitaria. A particularidade destes premios é que os docentes son nomeados polo seu alumnado e as familias dos seus pupilos.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, agradeceu esta mañá a Alicia Tojeiro Ríos, mestra do colexio plurilingüe Isidro Parga Pondal de Santa Cruz (Oleiros), a súa entrega e dedicación como profesora que lle levou a acadar o premio como mellor docente de España na categoría de Educación Primaria.

Trenor expresou a súa satisfacción por que dous docentes coruñeses foron recoñecidos por Educa Abanca, que cada ano premia aos mellores docentes de España en cinco categorías educativas: infantil, primaria, secundaria, formación profesional e educación universitaria. A particularidade destes premios é que os docentes son nomeados polo seu alumnado e as familias dos seus pupilos.

Xunta de Galicia, 2021-01-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES