Notas de prensa

Os valores e tendencias dos medios públicos en Europa, a debate

Profesores e investigadores de dez universidades españolas debaterán os días 26 e 27 de xaneiro, a través da plataforma virtual Teams, sobre os valores e tendencias dos medios audiovisuais de comunicación públicos europeos na actualidade. Ao longo das dúas xornadas, as persoas participantes abrirán o debate presentando o avance dos seus estudos, expoñendo temas relacionados coas tendencias, os retos, o financiamento, e o valor do servizo público europeo.

Para finalizar cada unha das sesións, reunirase un grupo focal de académicos de universidades internacionais co fin de analizar problemas aos que se enfronta o servizo público europeo tales como a relevancia do valor de servizo público ou o escenario mediático que xorde tras a pandemia. Esta iniciativa busca reunir a persoas expertas en comunicación para que compartan os seus coñecementos e experiencias ao redor dos medios de servizo público europeos. As sesións de presentación e debate reunirán a unha trintena de académicos e investigadores a través da plataforma Teams.

A terceira edición deste Workshop ‘Novos valores e tendencias de medios audiovisuais públicos europeos’ está organizada polo equipo do proxecto de investigación RTI2018-096065-B-I00 do Programa Estatal de I+D+i orientado aos Retos da Sociedade do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que lideran os profesores Francisco Campos Freire e Miguel Túñez López, do grupo de investigación de Novos Medios da Facultade de Ciencias da Comunicación.

Universidade de Santiago de Compostela, 2021-01-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES