Notas de prensa

O xurado do XXI Premio Aresa anuncia os catro finalistas ao galardón

O xurado do XXI Premio Aresa reuniuse para avaliar as dezaseis candidaturas presentadas e, de seguido, dar a coñecer os nomes das catro propostas finalistas da vixésimo primeira edición do Premio Aresa: Centro de Formación Rural-EFA Fonteboa, Arnigal Cultivos, Cooperativa A Carqueixa e a Estratexia de loita ecolóxica fronte á praga de rata toupa,unha iniciativa presentada polo docente e investigador da USC Pablo Sánchez Quinteiro.

O xurado do XXI Premio Aresa, un tribunal presidido polo reitor da USC, Antonio López Díaz, e do que tamén forman parte o presidente de Aresa, Ãlvaro Rodríguez Eiras; a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto; o presidente do Grupo Core, Manuel Gómez-Franqueira, e a catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC María José Alonso Fernández, reuniuse este xoves na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para avaliar as dezaseis candidaturas presentadas e, de seguido, dar a coñecer os nomes das catro propostas finalistas da vixésimo primeira edición do Premio Aresa: Centro de Formación Rural-EFA Fonteboa, Arnigal Cultivos, Cooperativa A Carqueixa e a Estratexia de loita ecolóxica fronte á praga de rata toupa,unha iniciativa presentada polo docente e investigador da USC Pablo Sánchez Quinteiro.

O xurado, dacordo coas premisas establecidas nas bases do XXI Premio Aresa, valorou con especial atención as iniciativas que redefiniran o seu modelo de negocio durante a pandemia, crearan un novo proxecto ou axudaran a outros, sen esquecerse da finalidade esencial do galardón, que é recoñecer entidades, empresas, grupos de investigación, asociacións ou persoas individuais, que contribúen de forma decisiva a crear riqueza nos ámbitos agrícola e/ou gandeiro. A xeración de postos de traballo de calidade no rural, a posta en valor dos produtos da terra, a recuperación de subsectores agrícolas ou gandeiros tradicionais con potencial para desenvolverse e a innovación en produtos e métodos produtivos, son outros dos criterios que ten en conta esta convocatoria.

Unha vez determinados os catro finalistas que optan ao XXI Premio Aresa, os membros do xurado adiantaron asemade que o gañador desta edición do galardón, dotado con 10.000 euros en metálico e placa conmemorativa, coñecerase o vindeiro 11 de febreiro, no marco dunha sesión programada para as 12.30 horas e que poderá seguirse por streaming.

Méritos dos finalistas

O Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa xorde no ano 1975 como unha iniciativa social para dar resposta ás necesidades de formación do medio rural e desde ese ano leva graduado a uns 1.100 estudantes en Formación Profesional Agraria, a maioría dos cales están incorporados a explotacións agrarias e contribúen no fortalecemento do tecido económico e social dos concellos rurais.

Arnigal Cultivos nace da innovación en varias áreas para manter unha produción de Arnica montana constante e necesaria para a súa explotación comercial, pois unha parte importante da flor de árnica utilizada pola industria farmacéutica e cosmética provén da recollida en Galicia. Comezou a súa actividade en febreiro de 2020 coa comercialización dunha gama de tres produtos e coa aposta pola sostibilidade mediante o cultivo ecolóxico, así como a utilización de solventes e tecnoloxías verdes de extracción e a xestión e reutilización de residuos.

O terceiro dos finalistas anunciados esta tarde, Cooperativa A Carqueixa, ten a súa orixe en 1994, ano no que se fundou para a comercialización conxunta de xatos e a compra de insumos, adquirir máis dimensión como colectivo e conseguir que os produtores de carne de Cervantes fosen un sector máis forte e cohesionado. A día de hoxe está formada por uns 200 cooperativistas.

O proxecto ‘Estratexia de loita ecolóxica fronte a praga da rata toupa’, presentado por Pablo Sánchez Quinteiro, pretende aportar a experiencia dos membos do grupo de Neuroanatomía do departamento de Anatomía da Facultade de Veterinaria da USC no estudo da comunicación química dos mamíferos para o desenvolvemento dunha estratexia de control para este tipo de praga. Esta iniciativa baséase na utilización dos sinais químicos producidos pola propia rata toupa (feromonas) e polos seus depredadores, fundamentalmente o raposo (cairomonas), nas zonas afectadas.

Ademais de salientar os méritos das catro candidatruas elixidas, os membros do xurado recoñeceron a calidade do resto de propostas presentadas: Cátedra Da Cunha do pan e do cereal, de Ãngeles Romero e Santiago Pereira (Campus Terra da USC); Aeiroá; O Mundo do Souto; H2GZ Terrazas Agrícolas Robotizadas en Mondoñedo; Muuhlloa; As vacas da Ulloa SCG; Trigo y Limpio; Gandería Quintián; Sistema comunal de xestión da Comunidade Montes Veciñais en Man Común de Couso (Pontevedra); Verín Biocoop SCG; Corazón de Carballo, e Conservas do Támega.

Universidade de Santiago de Compostela, 2021-01-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (costa-feira-2026.jpg) Sanxenxo volverá converterse este verán nun dos grandes referentes da música en directo en Galicia coa celebración da cuarta edición de Costa Feira, un evento que ofrecerá máis dunha decena de concertos e propostas musicais entre os meses de xullo e agosto no recinto do Polígono de Nantes. O ciclo arrancará o 24 de xullo con Wake Up! in Costa Feira e continuará o 28 de xullo e os días 4, 11 e 18 de agosto coa proposta Electrolatino, que reunirá artistas destacados neste xénero como Henry Méndez, Danny Romero, Jose de Rico, Anthony & Yeigo, Jay Santos, Marc Magán ou Mar Lucas.
Foto de la tercera plana (abril-cultura-camino.jpeg) Ponse en marcha a programación da 14ª edición de Cultura no Camiño, que este verán ofrecerá 316 espectáculos escénicos e concertos a cargo de 147 formacións artísticas en 87 concellos galegos situados nas diferentes rutas xacobeas. Trátase dunha proposta enmarcada na campaña Para gustos, cultura, que este ano chegará a 200 localidades con máis de 3.600 propostas. O calendario de Cultura no Camiño para este ano, que se abriu esta semana con paradas en Ribadumia, onde Marta Ortiz presentou Canta, Bugina, canta! na Escola Infantil, e en Miño coa proposta A maxia dos libros, do Mago da Boina e Nami, no Centro de Día, continuará hoxe de novo en Ribadumia con Donas do lugar, un espectáculo de narración oral a cargo de María da Pontragha.

Notas

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Roberto Bande, e a directora do Campus Terra, Marta Miranda, inauguraron este xoves 18, no edifico Cactus do Campus de Lugo, unha nova edición do Foro empresarial Galicia–Asia que xirou na súa primeira xornada arredor do ecosistema da saúde. Alimentación e lonxevidade, así como as posibilidades da robótica asistencial, foron outros dos aspectos abordados na reunión.
O transporte marítimo enfróntase a un dos grandes desafíos da súa transición enerxética: decidir que combustibles alternativos empregar nun contexto no que aínda existe pouca experiencia operativa e escasean os datos sobre o seu comportamento real. Metano, metanol, amoníaco ou hidróxeno aparecen como alternativas para reducir as emisións do sector, pero a súa implantación introduce novas incógnitas relacionadas coa seguridade, o almacenamento e a operación dos buques.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES