Actualidad de Sociedad

Noticias sociedad

A Xunta de Galicia contará en 2019 con case 16 millóns de euros dentro do marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Trátanse de 7,9 millóns de euros correspondentes ao exercicio 2019, máis os fondos transferidos en 2018, que acadan 8 millóns de euros. Galicia é a única Comunidade que prevé axudas económicas directas ás vítimas, axudas que supuxeron dende o ano 2009 máis de 27 millóns de euros e 4.000 beneficiarias. Galicia conta ademais cunha Rede de Información ás Mulleres, Centros de acollida, emerxencia e recuperación integral así como asistencia psicolóxica integral para todas as mulleres vítimas e para as súas fillas e fillos.
A Cidade da Cultura e a asociación Autismo BATA queren promover a integración social das persoas con trastorno do espectro autista (TEA) coa exposición 30 anos imaxinando futuros, que desde hoxe ata o 17 de abril pode visitarse na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia. A mostra, que abriu as súas portas esta mañá coincidindo coa celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, recolle unha escolma de máis de 35 obras entre lenzos, debuxos e pezas de cerámica, todas elas elaboradas por persoas con TEA. 30 anos imaxinando futuros procura promocionar experiencias culturais positivas que permitan desenvolver a curiosidade e o sentido estético e crítico.
Un grupo de alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia veñen de impoñerse como vencedores da competición Talent Match dentro do programa Smart People, a competición interuniversitaria que premia cada ano as mellores ideas estudantís para afrontar os retos do sector turístico no que participaron máis de 300 estudantes de 16 centros universitarios. O equipo integrado por Carlos Amado, Carlos Ventoso, Juan Pérez e Pedro Prieto, alumnos de último curso de Diploma Superior en Xestión Hoteleira do CSHG venceu co seu proxecto 4 Rooms, unha innovadora idea que permite adaptar as instalacións dun hotel en función da demanda de aloxamento que se rexistra en cada momento.
A extensión da sinatura dixital e a súa integración con Minerva son parte das medidas para a implantación do Expediente Xudicial Electrónico en Galicia. En 2018 asináronse dixitalmente preto de 900.000 documentos nos xulgados galegos, unha cifra cinco veces superior á rexistrada o ano anterior. O incremento do uso da sinatura dixital está directamente relacionado co aumento de órganos xudiciais habilitados con esta funcionalidade, que pasaron de 2 a principios de 2017 a 136 ao remate de 2018. A integración da sinatura dixital co sistema Minerva que empregan xuíces, letrados e funcionarios, e con Fortuny, o sistema dos fiscais, facilita un maior uso da firma electrónica.
Esta medida activarase cunha chamada ao teléfono de información ás mulleres: 900 400 273, que pode ser realizada -24 horas, 365 días ao ano- pola propia vítima ou polas forzas e corpos de seguridade do Estado. Desde este teléfono poñeranse en contacto coa persoa da quenda de garda correspondente para garantir a presenza inmediata dun psicólogo ou psicóloga. No eido da asistencia e protección ás vítimas, aparecen novas medidas como o apoio aos menores orfos e ás vítimas gravemente feridas ou a inclusión de traballadores sociais nas Oficinas de Atención a Vítimas nos xulgados.
Ferrol contará antes do verán cunha unidade de diagnóstico e asesoramento das patoloxías derivadas da exposición ao asbesto de referencia para todos os pacientes que teñen cobertura do Sergas. Case a práctica totalidade dos casos destas patoloxías concéntrase na área sanitaria ferrolá. Nesta nova unidade vaise contratar un neumólogo, un profesional de enfermería e un auxiliar de enfermería, ademais dun auxiliar administrativo. Os obxectivos estratéxicos que persegue esta unidade son a ampliación da carteira de servizos, conseguir unha óptima coordinación asistencial con atención primaria, garantir a seguridade das intervencións ou fomentar a investigación clínica de alto nivel.
A Semana Santa galega vai gañando ano a ano en atractivo, como se pode comprobar no feito de que este ano se celebrará co maior número de festividades deste tipo declaradas de interese turístico. A nosa Comunidade conta con dúas festas recoñecidas coa máxima distinción que poden acadar no eido turístico. As de Ferrol e Viveiro son de Interese Turístico Internacional e seis máis son de Interese Turístico de Galicia: Betanzos, Cangas, o Santísimo Cristo de Fisterra, Mondoñedo, Paradela e Santiago de Compostela. A Semana Santa da capital galega estrearase este mesmo ano co recoñecemento de Interese Turístico de Galicia, tras telo acadado o pasado ano. Tamén outras localidades avanzan neste proceso, como é o caso da Semana Santa de Lugo.
O Instituto Nacional de Estadística (INE) vén de publicar os datos sobre o Padrón de Españoles Residentes en el Extranjero (PERE) a data 1 de xaneiro de 2019. As cifras feitas públicas polo organismo confirman a tendencia demográfica que está a experimentar a comunidade autónoma desde hai varios anos, e que reflicte un incremento do número total de galegos residentes fóra das nosas fronteiras, o que inclúe tanto aos emigrantes como os seus descendentes, xa nados nos seus países de destino, e unha diminución do de galegos nados na comunidade.
O Plan de transporte público de Galicia, que comezará a funcionar o vindeiro mes de agosto, permitirá a posta en marcha das paradas seguras en horario nocturno en case 2.000 liñas de autobús de Galicia, nos servizos de autobús interurbano prestados en 85 concellos galegos. Non obstante, mentres non entran en vigor as novas concesións, o Goberno galego xa lles trasladou unha proposta de protocolo ás empresas concesionarias para que poidan poñer en marcha xa esta iniciativa. Así, unhas oito empresas xa comunicaron a adhesión a este protocolo e trasladaron que teñen servizos na franxa comprendida entre as 22,00 e as 07,00 horas. Esta medida contempla como posibles beneficiarios ás mulleres, ás persoas maiores, aos menores que viaxen sós e aos viaxeiros con mobilidade reducida.
O conxunto dos galegos reciclou no pasado ano un total de 48.308 toneladas, é dicir, 5.000 toneladas máis que no ano 2017; o que se traduce nun incremento porcentual dun 11% e que representa o maior incremento en porcentaxe rexistrado na Comunidade galega na ultima década e superando en dous puntos o incremento a nivel estatal. A recuperación destas máis de 48.000 toneladas de vidro implican que cada galego reciclou unha media de case 18 kg ou o que é o mesmo unha media de 68 envases de vidro por habitante. Galicia sitúase como a segunda comunidade que rexistrou unha maior incremento na recollida selectiva a través do contedor verde, só por detrás da Comunidade de Madrid.
| 148,2  de  392 | Siguiente »

Notas sociedad

Queremos Galego reivindica cambios na lexislación que eviten decretazos como o do ensino ou sentenzas como a do TSXG. Marcos Maceira: “Vivir en galego é un dereito, non unha concesión”. “A escasa e limitada lexislación que ampara o galego non pode ser utilizada para atacar os espazos conquistados para a lingua pola sociedade”.
O Marisquiño defínese como unha marca con personalidade propia que lles achega aos seus seguidores unha ampla oferta cultural, coa música como complemento á programación deportiva. O festival, con 21 actuacións, repite como sede da World Cup Skateborading con 14 modalidades de deportes urbanos como o Flatland.
Distribuiranse nas rúas Ordóñez e Seixas e nas prazas do Concello e de San Fernando. Abre sábado 30 de abril e domingo 1 de maio de 12 a 22h.
A Deputación de Lugo impulsa a XV edición da Festa da Filloa en Muimenta coa achega de 3.000 euros. A Área de Cultura da Deputación tamén colabora, nesta cita, coa actuación do grupo de gaitas “Entre lusco e fusco”, e a actuación do grupo De Vacas.
O veterano xornalista Miguel Ángel Aguilar foi proclamado gañador da XII Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa que, un ano máis, organizan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social ‘la Caixa’. O fallo deuse a coñecer na sede de la Caixa na Coruña, nun acto que contou coa intervención telefónica do premiado.
O Concello de Ourense e Estrella Galicia suscribirán un acordo de colaboración cultural permanente na cidade. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o director corporativo da compañía Hijos de Rivera, Antonio Viejo, acordaron os términos desta colaboración, que se presentará en próximas datas.
O portavoz de Educación, Hipólito Fariñas, demandou enviar “desde Galicia unha mensaxe clara de que o acordo é viable" e • Fariñas tamén solicitou consenso “en que non hai reválida, senón unha proba de avaliación que permitirá saber se o sistema educativo facilita adquirir as habilidades e destrezas para o que foi deseñado”.
Xunta e a ONGD Farmamundi colaboran desde 2009 para atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes naturais e humanas. Nesta ocasión, en colaboración coa AECID, enviarase un avión cargado con auga, material de acubillo e kits de asistencia de medicamentos e material sanitario.
O obxectivo desta campaña promocional é que o Centro siga a ser unha referencia no país veciño e captar novos alumnos portugueses. O departamento de márketing do Centro ofrece nestes días diversas charlas e xornada de traballo nunha ducia de centros en Lisboa, Oporto, Pôvoa de Varzim e Valença do Minho, todos eles en Portugal.
No partido de baloncesto entre o Ourense Provincia Termal e o C.B. Prat Joventut participaron na promoción do selo “Galega 100%” co reparto de minibricks de leite con este selo de calidade diferenciada e folletos informativos sobre a orixe deste produto entre os asistentes ao encontro no Pazo dos Deportes Paco Paz.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES