//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 567, deles 152 son da área da Coruña, 46 da de Lugo, 63 da de Ourense, 83 da de Pontevedra, 108 da área de Vigo, 94 da de Santiago, e 21 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 19 permanecen en UCI, 137 están en unidades de hospitalización e 411 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 5 altas de pacientes e 6 falecementos. O último falecido foi un varón de 89 anos, con múltiples patoloxías complexas previas, que estaba ingresado no Hospital de Monforte.
O Servizo Galego de Saúde implantará en todas as áreas sanitarias un novo sistema para realizar as probas do coronavirus, aos pacientes desde os seus propios vehículos sen que teñan que baixarse deles, e que só se lle realizará as persoas que teñan prescripción facultativa e cita previa. O facultativo ten que prescribir a realización deste test no marco dos criterios establecidos nos protocolos e quedará rexistrada na historia clínica electrónica do paciente. Con esta medida trátase de complementar e axilizar o sistema de recollidas de mostras a domicilio, que ven incrementando a súa demanda nos últimos días. O novo sistema permite axilizar tempos xa que posibilitan que os cidadáns se despracen en coche ao hospital.
O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo esta mañá unha videoconferencia co ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación, Luis Planas, e os demais conselleiros autonómicos do ramo para avaliar a situación de emerxencia sanitaria por mor do coronavirus. No encontro virtual, José González demandou garantías para o sector agrogandeiro e forestal galego e para os profesionais que seguen traballando no rural, con prórrogas de contratos ou medidas de protección axeitadas. Así, relacionado co sector gandeiro, o titular de Medio Rural solicitou a suspensión de todos os mercados gandeiros no territorio nacional.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 444, deles 136 son da área da Coruña, 36 da de Lugo, 46 da de Ourense, 59 da de Pontevedra, 84 da área de Vigo, 68 da de Santiago, e 15 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 permanecen en UCI, 99 están en unidades de hospitalización e 330 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 4 altas de pacientes e 5 falecementos. O último falecido foi un varón de 75 anos, con patoloxías crónicas previas, que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, compareceu hoxe en rolda de prensa despois de presidir unha nova reunión do Centro de Coordinación Operativa, ademais do Consello da Xunta, para detallar a habilitación de máis medidas e máis persoal para ofrecer a mellor resposta a todos os niveis centrada na contención do coronavirus. É necesario seguir habilitando medidas para a contención do virus, intentando aprender da experiencia doutros países e rexións, explicou, incidindo en que este obxectivo foi o que marcou a reunión do Cecop. Entre as medidas adoptadas no ámbito sanitario, destacou que o centro de coordinación está a definir hoteis aptos e accesibles para asumir hospitalización en caso de ser necesario.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 333, deles 108 son da área da Coruña, 31 da de Lugo, 34 da de Ourense, 47 da de Pontevedra, 49 da área de Vigo, 56 da de Santiago, e 8 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 11 permanecen en UCI, 63 están en unidades de hospitalización e 259 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 4 altas de pacientes e 4 falecementos. O cuarto falecemento é dun varón de 72 anos, que estaba ingresado na UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e que padecía varias patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 2.614.
Este Plan social de continxencia estará destinado a atender as consecuencias que ten a emerxencia sanitaria en ámbitos como a atención á dependencia, o coidado das persoas maiores ou con discapacidade sen unha rede familiar de apoio ou a protección ás persoas sen fogar. Galicia reclama tamén un reparto xusto dos fondos que o Goberno central distribúa entre as comunidades autónomas para facer fronte ás necesidades, e pide que se teñan en conta factores como a porcentaxe de persoas maiores (que son poboación especialmente vulnerables) e a dispersión territorial. O problema principal é a carencia de equipos de protección individual, que se está a rexistrar nos centros residenciais e no Servizo de Axuda no Fogar.
Alberto Núñez Feijóo informou hoxe durante unha nova reunión cos representes dos principais partidos políticos galegos das tres propostas prioritarias que trasladou por carta ao presidente do Goberno de España, para seguir traballando na prevención e contención do coronavirus. Logo de valorar que todas elas son medidas coincidentes nos obxectivos que tamén expresaron os partidos da oposición onte, Feijóo referiuse á preocupación pola falta de material, centralizado no Ministerio: Necesitamos unha resposta rápida e que se nos mande material para seguir traballando con seguridade, dixo, recordando tamén que as comunidades seguen á espera dun estudo do Goberno.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 285, deles 84 son da área da Coruña, 26 da de Lugo, 32 da de Ourense, 37 da de Pontevedra, 49 da área de Vigo, 50 da de Santiago, e 7 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 9 permanecen en UCI, 52 están en unidades de hospitalización e 224 no domicilio. Polo de agora en Galicia, rexistráronse 4 altas de pacientes e 3 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.099. Seguindo instruccións do protocolo de comunicación do Ministerio de Sanidade, a partir de hoxe só se actualizarán os datos unha vez ao día.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, solicitou hoxe ao Goberno central máis Equipos de Protección Individual (EPIs) para dotar aos servizos de emerxencia e ás agrupacións de Protección Civil e que poidan así realizar o seu traballo con todas as garantías ante a epidemia do coronavirus. Así llo trasladou hoxe ao ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, con quen mantivo unha videoconferencia esta tarde, xunto con conselleiros do resto de comunidades autónomas e delegados de Goberno. No encontro, tamén solicitou outras aclaracións importantes, como o do peche da fronteira con Portugal, moi relevante para Galicia pola gran actividade que se desenvolve ao redor da raia.
O titular do Goberno galego presidiu a XXII edición da entrega dos Premios Diego Bernal en Santiago e sobre o premiado, Fernando Salgado, asegura que todo recoñecemento é merecido para un comunicador sen o que non se podería entender a Galicia autonómica. Desde o goberno de Albor ata o "bipartito", pasando polo xornal La Voz de Galicia, ensalzouse a súa traxectoria.
O cambio de denominación contribúe a visibilizar a relevancia do papel da muller na nosa historia e promove de xeito exemplar a igualdade dende as institucións.
Asteriscos Real Estate SL e a Universidade de Santiago de Compostela asinaron este venres 20 o contrato de compra-venta do antigo Hospital de Galeras. Asteriscos Real Estate formalizou tamén o primeiro pagamento da compra do inmoble de 3.597.805 euros, o 50% do importe total. Por outra parte, celébrase o Día do Grupo Compostela co que a rede busca visibilidade sobre o seu labor coas comunidades.
Celebrouse unha reunión da Oficina Técnica da Seca onde se confirmou que a rede hidrolóxica e os encoros de abastecemento non rexistraron cambios significativos na situación. O nivel dos encoros de abastecemento mantense nun 70% e os recursos hídricos son suficientes para garantir a demanda de abastecemento de auga.
Unha das novidades para este ano é a presentación da Semana Santa en Galicia a través da cal se poñen en valor as dúas celebracións de Interese Turístico Internacional, Viveiro e Ferrol. A directora de Turismo de Galicia resalta que a Semana Santa incrementa o atractivo e a oferta cultural do destino e permite coñecer lugares con grandes recursos turísticos.
A Fundación convoca estas bolsas de formación que permiten a titulados universitarios e técnicos superiores de FP completar e enriquecer a súa formación. Téñense beneficiado máis de 400 mozas e mozos desde que a Fundación se puxo en marcha hai xa case 30 anos.
A Coruña promociónase en Fitur 2017 como unha cidade ubicada no extremo atlántico, pero no centro das vangardas culturais, gastronómicas e de defensa do patrimonio e a diversidade, según o seu alcalde, Xulio Ferreiro, que destacou eventos como o Fórum gastronómico.
Unha presentación ante profesionais do sector o mércores 18, reunións con empresarios da capital, apoio a eventos internacionais como Xantar ou Termatalia, entre as citas da delegación municipal. O Concello está a colaborar co proxecto Anxela, destinado a mulleres embarazadas e nais recentes.
Santiago de Compostela, a capital de Galicia, recibe o 20 de xaneiro na Feira Internacional de Turismo Fitur 2017 o recoñecemento á cidade con mellor reputación on line de España. O ranking mundial de reputación on line de Trivago elabórase a partires das opinións vertidas polos viaxeiros usuarios da axencia de reservas con máis de 200 millóns desde máis de 200 portais de reserva.
A Xunta presenta o destino Galicia neste certame aberto tanto a profesionais como ao público final. Esta é a primeira feira internacional á que asiste Turismo de Galicia neste 2017, ano no que levará a oferta turística galega a un total de 46 feiras sectoriais. Os Países Baixos representaron preto dun 2,5% do turismo internacional de Galicia no ano 2016.