
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou, durante a celebración da XXII edición da entrega dos Premios Diego Bernal, que este ano lle foi outorgado ao xornalista Fernando Salgado, a importancia do labor xornalÃstico para transmitir a realidade, explicala e axudar a interpretala.
Sobre o premiado desta edición, o titular da Xunta destacou a súa traxectoria profesional lembrando que “Salgado fiscalizou a polÃtica económica do Goberno de Albor como xefe da sección de EconomÃa de La Voz de Galicia; pasou a ditar esta polÃtica como conselleiro na lexislatura de González Laxe; controlou o Executivo de Fraga como lÃder da oposición parlamentaria e encabezou a relación do Goberno bipartito cos medios como secretario xeral de Comunicación”.
Feijóo aseverou que todo recoñecemento é merecido para un comunicador “sen o que non se poderÃa entender a Galicia autonómica”.
A ConsellerÃa de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios especÃficos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román RodrÃguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.