
O Concello de Ourense acudirá a Madrid para promocionar a cidade na Feira Internacional de Turismo Fitur. Asà o informou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na rolda de prensa na que deu conta dos asuntos tratados na xunta de goberno local. AsÃ, o mércores 18 de xaneiro ás 13:30 horas “presentaranse actos innovadores e chamativos para difundir a imaxe turÃstica de Ourense e posicionar a nosa cidade como un destino perfecto para escapadas”, en palabras de Vázquez Abad.
No marco de Fitur, o Concello aproveitará para difundir a campaña Ourense, un plan perfecto entre empresarios da capital, asà como para manter contactos orientados á captación de novos visitantes. Tamén se falará das posibilidades de paquetes turÃsticos, incluÃndo os trens especiais que percorren a nosa xeografÃa, pero tamén eventos que convertan Ourense en centro de recepción de profesionais. Tal é o caso de Termatalia e do salón gastronómico Xantar, presentacións ás que tamén acudirán representantes do Concello de Ourense co gallo de posicionar a cidade como destino de congresos.
Ourense contará ademais cun stand propio en Fitur no que a ConcellerÃa de Turismo e Termalismo porá en coñecemento do sector profesional e tamén dos visitantes da feira a oferta termal, gastronómica e cultural da nosa cidade.
A ConsellerÃa de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios especÃficos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román RodrÃguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.