Actualidad de Sociedad

Noticias sociedad

Todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica 3’5 veces superior á de Galicia, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, independentemente de que sexan residentes na nosa comunidade ou non. Deste xeito, Sanidade procura acadar un diagnóstico máis precoz de calquera infección polo virus, protexendo así a saúde dos cidadáns. Galicia é a segunda Comunidade Autónoma con menor incidencia acumulada nos últimos 14 días, de acordo cos datos que reflicte o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitaria do Ministerio de Sanidade.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 233, deles 58 son da área da Coruña, 90 da de Lugo, 7 da de Ourense, 18 da de Pontevedra, 44 da área de Vigo, 16 da de Santiago, e ningún da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 12 en unidades de hospitalización e 220 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.227 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 244.127. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia.
O presidente do Goberno Galego en funcións, Alberto Núñez Feijóo, avanzou na rolda de prensa do Consello, que todas as persoas que cheguen a Galicia procedentes de territorios con alta incidencia epidemiolóxica pola covid-19 deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, independentemente de que sexan residentes na Comunidade ou non. En concreto, esta nova medida terá carácter obrigatorio para todas as persoas que proveñan ou estiveran nos últimos 14 días en zonas con alta incidencia epidemiolóxica e terá carácter voluntario para as que proveñan dun lugar sen incidencia epidemiolóxica complexa. Ademais, Feijóo precisou que, dependendo do lugar de onde veña a persoa, poderíaselle facer a PCR sen síntomas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 180, deles 37 son da área da Coruña, 98 da de Lugo, 5 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 20 da área de Vigo, 11 da de Santiago, e ningún da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 172 no domicilio, non habendo ningún en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.131 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 236.787.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 178, deles 31 son da área da Coruña, 106 da de Lugo, 5 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 18 da área de Vigo, 9 da de Santiago, e ningún da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 7 están en unidades de hospitalización e 171 no domicilio, non habendo ningún en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.116 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 235.064.
Entre as decisións acadadas destaca a aprobación do Plan de Traballo da AECT para 2020, cunha nova convocatoria do Programa IACOBUS, para realizar novas estadías de docentes e investigadores galegos e portugueses en Universidades, intitutos politécnicos e centros tecnolóxicos da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal. No próximo curso darase unha atención especial aos traballos que teñan como finalidade mellorar o coñecemento e as actuacións para defendérmonos mellor de situacións como a pandemia que estamos a vivir. Ademais, prestarase unha atención especial á cultura da Eurorrexión, con actividades como o premio literario NORTEAR, ou os intercambios expositivos entre artistas da Eurorrexión.
A iniciativa terá lugar o luns 10 de agosto en Negreira, en concreto no recinto de Galicia Espectáculo no Polígono Industrial de Covas. No encontro gastronómico, ao que asistirán os chefs, participarán unha vintena de empresas do sector enogastronómico da Comunidade. A degustación estará acompañada de diversas actuacións cumprindo en todo momento os protocolos de seguridade hixiénico-sanitaria. Previamente, durante esa mesma mañá, os chefs tamén realizarán unha andaina polo Camiño de Fisterra e Muxía, facendo parada en Ponte Maceira, considerada unha das vilas máis bonitas de España e un dos emprazamentos máis destacados deste itinerario xacobeo que a Xunta prevé recoñecer proximamente como Ben de Interese Cultural (BIC).
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 224, deles 27 son da área da Coruña, 160 da de Lugo, 4 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 17 da área de Vigo, 7 da de Santiago, e 1 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 6 están en unidades de hospitalización e 217 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.034 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 229.082.
Está en marcha en Galicia o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga 2020), que ten como obxectivo a máxima redución posible dos incendios nos montes galegos, tendo moi en conta a optimización dos recursos existentes. Mantéñense, en liñas xerais, os esforzos en medios e persoas despregados no pasado exercicio, incorporando a adaptación á actual situación sanitaria a causa da covid-19 e prestando especial atención á prevención cun completo plan de actuación neste eido. O dispositivo humano é semellante ao de anos anteriores, este ano terá maior presenza temporal dos efectivos, xa que o persoal fixo descontinuo estará despregado sobre o territorio durante seis meses, un máis que na anterior campaña.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 227, deles 27 son da área da Coruña, 160 da de Lugo, 4 da de Ourense, 7 da de Pontevedra, 16 da área de Vigo, 12 da de Santiago, e 1 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 6 están en unidades de hospitalización e 220 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.018 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 226.453. Os casos activos vencellados ao brote da Mariña pasan dos 151 de onte aos 140 que hai hoxe, ao rexistrarse 3 positivos e 14 altas na última xornada
« Anterior | 124  de  401 | Siguiente »

Notas sociedad

O titular do Goberno galego preside o acto de presentación de Turismo de Galicia en Fitur 2018 e insiste en que a Comunidade seguirá apostando por un turismo respectuoso e de calidade, que permita preservar o patrimonio e ofrecer a mellor atención ao visitante. Resalta a posta en marcha este ano de “O son do Camiño”, un amplo programa de concertos que servirá como prólogo musical para o grande evento do turismo en Galicia.
O titular do Goberno galego mantivo unha xuntanza coa ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Dolors Montserrat, e afirma que este incremento de prazas en Galicia para o programa de termalismo do IMSERSO pon en valor a aposta de Galicia por este sector.
A directora de Turismo, Nava Castro, avanzou a programación de Galicia na feira internacional que se celebra en Madrid. De interior e costeiros, destacan ‘Galicia Surfing’, ‘Club da auga’, ‘Escenarios ao volante’ e ‘Experiencias nos seis parques naturais’, e tamén teñen lugar destacado as candidaturas das Cíes e da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco.
Desde a Marea Feminista (En Marea) laméntase que o PP non sexa quen de comprender realmente o que é a violencia machista e di que este partido comeza o ano como é habitual: incumprindo acordos. Desde a Marea Feminista indican que seguirán loitando por políticas eficaces de prevención da violencia machista.
O titular da Xunta reuniuse coas tres asociacións de redeiras que participaron no proxecto ‘Enredadas’. Gaba a actividade desenvolvida para dar a coñecer o traballo deste colectivo a través da elaboración de produtos de artesanía co material empregado nesta profesión. Resalta o esforzo e a perseveranza para manter viva unha profesión senlleira do noso mar, que proba que a muller mariñeira é parte integrante e relevante da industria pesqueira.
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lamenta o cesamento das emisións de V Televisión, que deixa a nosa comunidade sen ningunha televisión autonómica de titularidade privada na TDT. Así mesmo, solidarízase co persoal da canle e agarda que sexa reubicado noutros medios do Grupo Voz.
A Xunta recorda aos cidadáns a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.112galicia.org. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta de Galicia alerta dun temporal de nivel laranxa que afectará desde o mércores 3 de xaneiro ao litoral das provincias da Coruña e Lugo.
O grupo parlamentario considera que a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade é “unha oportunidade histórica” e precisa un plan de desenvolvemento socioeconómico integral da zona, unha estratexia de conservación e divulgación do Patrimonio, orzamento e prazos de acción.
O Xulgado de Primeira Instancia nº 41 de Madrid vén de admitir a trámite a demanda civil presentada polo Concello de Santiago de Compostela contra Carmen Franco, para esixir a devolución das figuras de Abraham e Isaac, obras do Mestre Mateo que están en posesión da herdeira do ditador.
A voceira nacionalista Ana Pontón cualifica de “tomadura de pelo” que Rajoy veña a inaugurar unha ponte que “pagarán todos os galegos e galegas a través de peaxes abusivas” e pide que se cancele o acto de inauguración.Pontón cualificou esta suba de “agravio a Galiza” e o BNG, recalcou, defenderá unha autoestrada “pública”.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES