
O dÃa 1 de xaneiro de 2018, logo da emisión das campanadas de fin de ano, a imaxe da cadea da TDT V Televisión pasou a negro. O grupo Voz non emitiu ningún comunicado sobre o que parece o feche da canle mais, como dixéramos hai agora un ano, as últimas reformas non facÃan abrigar esperanzas sobre o modelo de futuro de V Televisión.
Este cesamento de emisións deixa a Galicia sen ningunha das dúas licenzas de televisión autonómica privadas da TDT operativas, dado que Popular TV xa pechara no 2013. A isto hai que sumar que boa parte das licenzas de emisións locais ou comarcais non están tampouco a emitir. Unha vez máis, cómpre destacar que a Administración autonómica ten que ser a garante de que se cumpran as condicións das concesións de frecuencias de radio e televisión, e que pode rescindir as licenzas no caso de incumprimento.
A perda dun medio de comunicación supón sempre un prexuÃzo para toda a sociedade, polo que significa de empobrecemento da diversidade informativa. A redución cada vez maior do panorama televisivo galego impón, agora máis que nunca, un novo reparto de licenzas, que garanta a pluralidade de voces necesaria e consolide o emprego das e dos xornalistas da nosa comunidade.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.