Notas de prensa

O BNG inicia en Galicia unha ofensiva contra o saqueo das peaxes da AP-9

A voceira nacionalista Ana Pontón cualifica de “tomadura de pelo” que Rajoy veña a inaugurar unha ponte que “pagarán todos os galegos e galegas a través de peaxes abusivas” e pide que se cancele o acto de inauguración.Pontón cualificou esta suba de “agravio a Galiza” e o BNG, recalcou, defenderá unha autoestrada “pública”.

No acto celebrado en Pontevedra ao que asistiron un grande número de cargos electos dos concellos afectados pola AP-9 e cargos institucionais do BNG, a portavoz nacional Ana Pontón criticou que Núñez Feijóo e o Partido popular en Galiza segan defendendo os “intereses de AUDASA e de Rajoy” como demostraron, dixo, na última sesión plenaria ao votar en contra da proposta para reclamar a paralización da suba das peaxes. Anunciou a presentación de mocións nos concellos e iniciativas parlamentarias na senda de seguir reclamando “a transferencia da infraestrutura e a supresión progresiva das peaxes”.

A nacionalista lembrou que son moitos os sectores económicos afectados polas peaxes pero tamén de maneira individual dos usuarios e usuarias polo que non descartou outro tipo de protestas e presión social “mancomunada con diferentes ámbitos económicos, sociais, políticos e sindicais”. Non podemos ser a “muleta que precisa Rajoy para impoñer o abuso e a nova suba peaxes” e que representan “o dobre da media do Estado.

A dirixente do BNG avogou por: “paralizar as peaxes, levantar o veto á transferencia e iniciar as acción necesarias para rescatar a AP-9 para que volva a ser pública”, porque sería a mellor maneira de frear “esta estafa”.

Por outra parte, lembrou que foi un goberno de Aznar quen decidiu ampliar a concesión até 2048 e vendela a prezo de saldo por 1.500 millóns de euros. “ 1500 millóns dos que non vimos nin un só euro en Galiza”.

Os galegos e galegas tamén temos que saber que desde que Rajoy é presidente as peaxes na AP-9 subiron un 36%, “catro veces máis que IPC” mentres Rajoy nos sube as peaxes da AP-9 un 4%, “rebáixalle os impostos a Audasa un 5%”. Isto significa que nos dous últimos anos, “Rajoy e Feijóo ,perdoáronlle 4 millóns de euros en impostos á concesionaria”.

A preguntas dos xornalistas sobre a visita de Mariano Rajoy a Galiza, o vindeiro sábado, para inaugurar a ampliación da ponte de Rande, a portavoz do BNG cualificou o feito de “tomadura de pelo”. Esa ampliación, insistiu Pontón, non a pagará nin Ana Pastor, nin Rajoy nin Feijóo. “Pagarémola todos e todas as galegas coas peaxes a AUDASA e por respecto a todos os usuarios e usuarias da AP-9, o PP debería cancelar esa inauguración”. No caso de inaugurala, que o fagan as persoas que a van pagar que somos todos os galegos e galegas a través das peaxes, concluíu a portavoz do BNG.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2017-12-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES