
Desde a Marea Feminista (En Marea) comezamos o 2018 como rematamos o anterior: lamentando fondamente que o Partido Popular non sexa quen de comprender realmente o que é a violencia machista. Pola súa banda, o Partido Popular comeza o ano como é habitual: incumprindo acordos:
A raíz da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, creouse o 016 (recurso para atender ás mulleres vítimas de violencia machista ou para asesorar e axudar ao seu entorno, que o executivo licita e adxudica a unha empresa tras un concurso público), como un recurso enmarcado nun dos capítulos da Lei, no que se contempla o dereito á información, á asistencia social integral e á xustiza gratuíta, polo que desde ese teléfono ofrécese información especializada ás mulleres, asesoramento legal, información sobre os recursos públicos e axudas, derivación a servizos de atención psicolóxica, social, etc.
Agora, por primeira vez desde que se creou fai dez anos, o executivo decidiu incluír no prego de condicións o asesoramento en igualdade a homes, incluída a información sobre separacións, divorcios, custodias e cuestións xurdidas en contextos de violencia.
Desde a Marea Feminista parécenos perverso e inadmisible que un recurso creado a raíz da Lei Integral contra a Violencia de Xénero e centrado nas mulleres ofreza estes servizos, xa que deste xeito, se lanzan dúas mensaxes: o sentimento de protección para os agresores e a desprotección para as vítimas. ¿Ten algunha lóxica pensar que unha vítima de violencia machista vai chamar a un teléfono desde o que poden axudar ao seu agresor?.
Con isto amósase de novo a (nula) importancia que para o Partido Popular ten o Pacto de Estado contra a Violencia Machista: un Pacto que decidiron conxelar unha vez asinado, no que dos 200 millóns de euros previstos non investiron nada, no que das 213 medidas, a primeira que queren por en marcha incumpre o acordado (adicar os recursos suficientes ás vítimas como prioridade).
Desde a Marea Feminista cremos que cos/as mesmos/as políticos/as non se poden facer políticas diferentes, por iso, seguiremos loitando por políticas eficaces de prevención da violencia machista, por poñer os medios e recursos suficientes para facerlle fronte ao terrorismo machista, ás políticas machistas, etc.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.