Archivo (6 del 2023)

Buscador

Noticias

Estanse rexistrando importantes avances no desenvolvemento do proxecto GIFT -Green Infrastructure for Forest and Trees- de cara a establecer medidas e políticas sectoriais efectivas no eido da infraestrutura verde. Esta infraestrutura está concibida como unha rede de espazos e elementos que melloren a resiliencia ante o cambio climático, contribúan á conservación da natureza e beneficien ás poboacións da contorna. O carácter innovador do GIFT, a desenvolver os vindeiros catro anos, reside no seu enfoque integrado coas políticas sectoriais, a súa conectividade e as medidas de recuperación da biodiversidade.
O conselleiro do Medio Rural participou na clausura da asamblea anual da Federación Europea del Tablero. Neste encontro con membros do sector, José González salientou a importancia da industria da madeira en Galicia e a aposta firme da Xunta para seguir medrando neste eido. Así, destacou que a nosa comunidade é unha potencia forestal en España e Europa, polo que as súas políticas nesta materia son un referente para o resto de rexións, e fixo referencia ao Inventario Forestal Continuo e ao Plan Forestal de Galicia como ferramentas que permiten xestionar o territorio e facer que a nosa comunidade medre no sector forestal, "mantendo os compromisos de transición vrde, biodiversidade, neutralidade climática e consumo responsable".
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a convocatoria de axudas da Secretaría Xeral de Emigración para o programa de lecer "Conecta Voluntariado Galicia" para que 20 mozos e mozas galegas residentes no exterior, de entre 21 e 30 anos poidan coñecer Galicia a través de actividades que se desenvolverán no campo de voluntariado de Castro de Viladonga, en Castro de Rei, Lugo, entre o 8 e o 19 de setembro. O programa realízase coa colaboración da Consellería de Política Social e Xuventude, así como coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Educación.
O Mapa de Radon de Galicia acadou as 6.080 medicións en vivendas galegas tras unha nova ampliación feita polo Laboratorio de Radon de Galicia da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, dirixido polo profesor Juan Miguel Barros Dios. Os resultados da actualización do mapa foron presentados este xoves 22, en rolda de prensa, polo catedrático da área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, Alberto Ruano Raviña, quen deu conta de como o 70% do territorio galego está afectado por concentracións elevadas deste gas. O mapa evidencia que o radon, canceríxeno humano que está asociado causalmente co cancro de pulmón, supera os límites recomendados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) nun 18% dos fogares galegos analizados.
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello acordou hoxe abrir o periodo de exposición pública do anteproxecto de Lei do clima de Galicia, unha normativa que busca 'darlle rango de legal ao compromiso de que Galicia sexa unha comunidade climaticamente neutra en 2050', é dicir, 'que as emisións queden neutralizadas grazas á capacidade de absorción que podemos ofrecer'. Para conseguir esta meta, Rueda explicou que se vai traballar para 'reducir nun 57% as emisións de efecto invernadoiro ata 2030', para que as accións vencelladas ao clima 'sexan un eixo prioritario en todas as políticas da Xunta' e garantir o equilibrio entre 'acadar estes obxectivos e o fortalecemento da actividade económica'.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou o nome dos galardoados coas Medallas Castelao 2023 que distinguen aos galegos que fixeron contribucións senlleiras e levaron o nome de Galicia máis aló das nosas fronteiras. Os premiados son a escritora Ledicia Costas, o grupo Siniestro Total, a deportista Susana Rodríguez Gacio, o empresario Lino de Prado e o oncólogo Rafael López. A Medalla Castelao é unha condecoración civil ás personalidades e institucións que destacan polo seu traballo no eido artístico, literario e intelectual.
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, defendeu hoxe en Baiona a necesidade de rebaixar o IVE dos produtos do mar para reactivar o seu consumo e valorizar o labor esencial do sector pesqueiro como subministrador de alimentos de calidade á cidadanía. Nesta liña, sinalou que esta medida contribuiría a incentivar o movemento do mercado, a aliviar a situación das familias -especialmente as de aquelas con baixos ingresos- e a mellorar as previsións de crecemento económico. Así o expuxo na inauguración do 23 Congreso Aecoc de produtos do mar, onde estivo acompañado polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro do Medio Rural, José González, participaron na reunión do Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia para 2023. Este órgano, que está operativo desde o 1 de xullo ata o 30 de setembro, ten como finalidade coordinar as actuacións da Xunta e do Goberno central en materia de prevención e loita contra os incendios forestais na comunidade galega, co fin de sumar sinerxías e anticiparse aos lumes. A xuntanza serviu para avaliar as principais novidades no dispositivo, como son a creación dunha unidade especializada en grandes lumes, a posta en marcha de tres novas brigadas públicas helitransportadas ou a ampliación da rede de videovixilancia.
A Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, abriu hoxe un novo itinerario artístico nas zonas verdes do Gaiás, formado polas intervencións artísticas da cuarta edición do ciclo Reb/veladas na paisaxe. Nesta ocasión son dous creadores novos galegos, Diego Vidal e Rebeca Lar, canda o navarro Alberto Odériz, os encargados de dar forma ás tres pezas escultóricas que se poderán ver ata o mes de novembro no Bosque de Galicia. A directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, participou esta mañá coas comisarias e artistas na apertura de Reb/veladas na paisaxe, destacando a súa aposta por levar a arte fóra das paredes dos museos e engadir un atractivo cultural á contorna natural do Gaiás.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu esta mañá ás tomas de posesión do novo delegado territorial de Pontevedra, Agustín Reguera, e da representante do Goberno autonómico en Vigo, Ana Ortiz. Durante a súa intervención, o titular do Executivo galego resaltou a experiencia, o compromiso e a dedicación dos novos delegados e agradeceu a entrega no desenvolvemento deste traballo dos seus predecesores, Luis López e Marta Fernández-Tapias, respectivamente. Rueda instou os novos delegados a seguir mantendo intactos o compromiso, humildade e bo talante que lles caracterizou nas súas responsabilidades anteriores para continuar a traballar sempre co único obxectivo de facer avanzar Galicia e buscar o mellor para os galegos e galegas.
« Anterior | 2  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (197)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES