Noticias

A Xunta de Galicia presenta aos seus novos delegados territoriais en Pontevedra e Vigo

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu esta mañá ás tomas de posesión do novo delegado territorial de Pontevedra, Agustín Reguera, e da representante do Goberno autonómico en Vigo, Ana Ortiz. Durante a súa intervención, o titular do Executivo galego resaltou a experiencia, o compromiso e a dedicación dos novos delegados e agradeceu a entrega no desenvolvemento deste traballo dos seus predecesores, Luis López e Marta Fernández-Tapias, respectivamente. Rueda instou os novos delegados a seguir mantendo intactos o compromiso, humildade e bo talante que lles caracterizou nas súas responsabilidades anteriores para continuar a traballar sempre co único obxectivo de facer avanzar Galicia e buscar o mellor para os galegos e galegas.

Rueda lembrou que o modelo de delegados territoriais implantado en 2009 pola Xunta “é un modelo eficaz” que foi imitado por outras comunidades autónomas. Por iso, remarcou que “a primeira misión” que teñen os novos delegados é “manter esa relación institucional como representantes da Xunta” nas súas respectivas áreas e traballar para todos os cidadáns. “Falar da Xunta é falar da Xunta de todos os galegos, de todas as institucións, de todos os colectivos e de todas as cores”, aseverou.

Rueda instou os novos delegados a seguir mantendo intactos o compromiso, humildade e bo talante que lles caracterizou nas súas responsabilidades anteriores para continuar a traballar sempre co único obxectivo de facer avanzar Galicia e buscar o mellor para os galegos e galegas. Nesta liña, salientou o carácter “dialogante e conciliador” así como o “rigor e coñecemento“ de Agustín Reguera, mentres que de Ana Ortiz destacou a súa “experiencia” e o seu grao de coñecemento do funcionamento das administracións en Galicia, á vez que enxalzou a súa alta “capacidade de traballo”.

R., 2023-06-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES