Archivo (2 del 2022)

Buscador

Noticias

Galicia aplicará a lei na que se levanta a obriga do uso das máscaras en exteriores, pero mantén a recomendación de empregala onde se poidan producir agrupacións dun número importante de persoas. Ao respecto dos colexios, os expertos do subcomité clínico lembran que se comenzou a administrar a segunda dose da vacina, polo que, ata que os rapaces teñan a pauta completa, o recomendable é seguir coa máscara en espazos exteriores.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 49.182 deles 10.738 son da área da Coruña, 5.030 da de Lugo, 4.894 da de Ourense, 5.267 da de Pontevedra, 11.834 da área de Vigo, 8.819 da de Santiago e 2.334 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 47 están en UCI, 635 en unidades de hospitalización e 48.500 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 410.907 persoas curadas, rexistrándose 3.015 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.619.252. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.466.694.
A Xunta de Galicia vén de solicitar ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia prorrogar a obrigatoriedade de presentar os certificados covid-19 ata o vindeiro día 26 de febreiro, nos ámbitos actuais. Os indicadores epidemiolóxicos, amosan unha tendencia descendente, tanto na taxa a 7 días (1.034 casos por cada 100.000 habitantes), como na taxa a 14 días (2.393 casos por cada 100.000 habitantes). Non obstante, estes valores seguen a ser elevados, o que indica que o virus continúa a ter unha elevada circulación.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 49.376 deles 10.790 son da área da Coruña, 5.107 da de Lugo, 4.791 da de Ourense, 5.287 da de Pontevedra, 12.161 da área de Vigo, 8.895 da de Santiago e 2.345 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 646 en unidades de hospitalización e 48.682 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 406.714 persoas curadas, rexistrándose 3.008 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.612.477. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.456.867.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 51.561 deles 11.223 son da área da Coruña, 5.365 da de Lugo, 5.033 da de Ourense, 5.482 da de Pontevedra, 12.892 da área de Vigo, 9.115 da de Santiago e 2.451 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 45 están en UCI, 656 en unidades de hospitalización e 50.860 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 401.355 persoas curadas, rexistrándose 2.987 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.605.948. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.455.253.
Un de cada catro adolescentes en Galicia usa de forma intensiva e sen supervisión Internet e as redes sociais; ademais, un de cada cinco podería 'ter un certo enganche' aos videoxogos, segundo o informe que presentou este martes 8 de febreiro UNICEF Comité Galicia, coa colaboración da USC e do Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría en Informática (CCII), baixo o título 'Impacto da Tecnoloxía na Adolescencia en Galicia. Relacións, Riscos e Oportunidades'. O estudo recolle as opinións de máis de 3.000 adolescentes de 19 centros de Ensino Secundario Obrigatorio de Galicia, dos que o 90,8% conéctase a Internet todos ou case todos os días.
As Universidades de Santiago, Vigo e A Coruña impulsarán puntos de información xuvenil itinerantes co obxectivo de achegar os recursos, programas e axudas existentes aos universitarios galegos. Este novo servizo comeza o martes e irá emprazándose polas diferentes facultades dos campus galegos ao longo dos vindeiros meses. Coa finalidade de continuar achegando información á mocidade, o Goberno galego desenvolve esta nova iniciativa, coa que pretende asesorar aos estudantes das tres universidades galegas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 53.706 deles 11.596 son da área da Coruña, 5.573 da de Lugo, 5.185 da de Ourense, 5.731 da de Pontevedra, 13.724 da área de Vigo, 9.390 da de Santiago e 2.507 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 689 en unidades de hospitalización e 52.969 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 395.178 persoas curadas, rexistrándose 2.976 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.601.200. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.453.410.
O Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030 terá como prioridades acadar unha recuperación sostible, resistente e inclusiva; deseñar a Galicia do futuro poñendo no centro o reto demográfico; acadar unha Galicia máis sostible e climaticamente neutra; promover unha sociedade innovadora, moderna, competitiva, solidaria e cohesionada; favorecer os valores diferenciais de Galicia como motores de desenvolvemento; e garantir unha senda previsible, rigorosa e estable de actuación do Goberno galego a medio prazo.
O ciclo de conferencias enmárcase na programación do centenario de María Casares que ofrecerá durante todo o ano actividades tanto en Galicia como fóra, a través de propostas dixitais, editoriais, escénicas e audiovisuais que percorrerán toda a súa pegada histórica desde diferentes plataformas e linguaxes. A programación conta coa participación de diferentes entidades e institucións de distintos territorios, como a Xunta de Galicia, a Biblioteca Nacional de España, a Embaixada de España en Francia, o Instituto Cervantes, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Edicións Xerais, a Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), entre outras.
« Anterior | 4  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (177)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES