Archivo (2 del 2022)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 62.141 deles 13.452 son da área da Coruña, 6.429 da de Lugo, 6.028 da de Ourense, 6.504 da de Pontevedra, 16.299 da área de Vigo, 10.511 da de Santiago e 2.918 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 41 están en UCI, 627 en unidades de hospitalización e 61.473 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 376.027 persoas curadas, rexistrándose 2.961 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.582.680. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.448.311.
A Cidade da Cultura de Galicia arrinca esta fin de semana na a primeira das propostas da programación de inverno do ciclo Matinais Musicais. Desta volta o cartel inclúe tres concertos para as mañás dos sábados 5 e 12 de febreiro e 5 de marzo que achegarán música de autor da man de Leticia Rey, estilo contemporáneo con Multiplensemble ou tablemusic, a particular maneira coa que o dúo Ual·la! entende as súas cancións con humor intelixente baseándose en elementos da vida cotiá. A cantautora Leticia Rey, natural de Vila de Cruces, foi a gañadora no 2020 do certame que convoca Estudios Mans, da Fundación Paideia, que dá oportunidades a músicos emerxentes.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 61.716 deles 13.424 son da área da Coruña, 6.366 da de Lugo, 6.103 da de Ourense, 6.576 da de Pontevedra, 16.051 da área de Vigo, 10.265 da de Santiago e 2.931 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 44 están en UCI, 637 en unidades de hospitalización e 61.035 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 371.651 persoas curadas, rexistrándose 2.955 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.576.037. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.446.312.
A candidatura presentada polo Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa resultou a gañadora do XXII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, segundo deu a coñecer este mércores na Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo da USC o xurado encargado de emitir o ditame dun galardón que recibiu 13 candidaturas nesta edición. O Premio Aresa, un galardón convocado polo grupo empresarial Aresa conxuntamente coa USC, contempla unha dotación en metálico de 10.000 euros, ademais de placa conmemorativa. O ditame do XXII Premio Aresa, unha decisión adoptada por unanimidade, segundo subliñou o reitor Antonio López, tivo especialmente en conta o labor de formación e capacitación profesional que desenvolve o Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa desde a súa posta en marcha en 1975 en Coristanco.
Galicia pechou xaneiro con 153.932 persoas sen emprego, a cifra máis baixa de paro acadada no primeiro mes do ano de toda a serie histórica (1996). A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, destacou hoxe -na valoración que fixo dos datos de paro rexistrado- que a cifra, ademais, continúa a niveis precovid-19, “afastada” do número de desempregados que había ao inicio da pandemia. De feito, neste tempo, desde febreiro de 2020, o desemprego reduciuse nun -7,40%, case duplicando o ritmo de baixada no Estado (-3,79%).
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 60.277 deles 13.275 son da área da Coruña, 6.148 da de Lugo, 6.015 da de Ourense, 6.564 da de Pontevedra, 15.610 da área de Vigo, 9.821 da de Santiago e 2.844 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 40 están en UCI, 641 en unidades de hospitalización e 59.596 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 367.209 persoas curadas, rexistrándose 2.950 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.568.398. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.444.004.
« Anterior | 5  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (200)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES