Noticias

Galicia aplicará a lei sobre uso das máscaras coa recomendación do seu mantemento naqueles espazos exteriores onde se poidan producir aglomeracións

Galicia aplicará a lei na que se levanta a obriga do uso das máscaras en exteriores, pero mantén a recomendación de empregala onde se poidan producir agrupacións dun número importante de persoas. Ao respecto dos colexios, os expertos do subcomité clínico lembran que se comenzou a administrar a segunda dose da vacina, polo que, ata que os rapaces teñan a pauta completa, o recomendable é seguir coa máscara en espazos exteriores.

A Xunta de Galicia recomenda, pois, seguir actuando con responsabilidade e lamenta que a norma non sexa mais explícita posto que pode dar cabida a interpretacións, ao entrar en contradicións coas normas contempladas no protocolo nacional de protección covid-19 no ámbito educativo, todavía en vigor. No que atinxe á saúde as normas deben ser claras e deberían consensuarse cos expertos.

Na actualidade, Galicia conta xa co 81’9 % dos menores con idades comprendidas entre 5 e 11 anos con alomanos unha dose da vacina contra a covid-19. Así, é a comunidade autónoma com maior número de rapaces e rapazas vacinados, situándose 26 puntos por riba da madia nacional (55’7%). Con todo, mentres non teñan a pauta completa de vacinación, lembra que respectar as medidas de autoprotección segue a ser fundamental para atallar a transmisión do coronavirus.

R., 2022-02-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES