Archivo (5 del 2021)

Buscador

Noticias

A Xunta de Galicia abre a inscrición dalgunhas das actividades que conforman a campaña de verán, que este ano se pon en marcha baixo o lema 'O verán que mereces’. Desde hoxe pódese solicitar praza nun dos 40 campos de voluntariado e, ademais, o DOG publica a convocatoria dos campamentos de verán para as mozas e mozos de entre 9 e 17 anos, polo que a partir de mañá xa se permitirá a recepción de solicitudes. O programa de actividades, que se desenvolverá nos meses de xullo, agosto e setembro, porá á disposición da xuventude galega un total de 7820 prazas, mil máis que o ano pasado.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aseverou hoxe que Galicia “xa está preparada” para ser protagonista no Xacobeo 21-22 dun destino seguro e de calidade. “Estamos listos xa para recibir cos brazos abertos a toda a xente que queira chegar ao córner de Europa: cunha Catedral de Santiago reinaugurada, cun Pórtico da Gloria que recobrou o seu esplendor, cunha revitalización do Monte do Gozo e co acondicionamento das infraestruturas de acceso á capital e dos miles de quilómetros que vertebran o Camiño”, asegurou, durante a presentación de Turismo de Galicia en Fitur 2021: Xacobeo 2021-2022. Camiña a Galicia.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.744, deles 598 son da área da Coruña, 169 da de Lugo, 221 da de Ourense, 412 da de Pontevedra, 817 da área de Vigo, 443 da de Santiago e 84 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 38 están en UCI, 124 en unidades de hospitalización e 2.582 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 120.055 persoas curadas, rexistrándose 2.409 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.184.240. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.644.962.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.789, deles 626 son da área da Coruña, 175 da de Lugo, 223 da de Ourense, 426 da de Pontevedra, 828 da área de Vigo, 424 da de Santiago e 87 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 37 están en UCI, 139 en unidades de hospitalización e 2.613 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 119.772 persoas curadas, rexistrándose 2.403 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.174.358. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.607.310.
Esta obra forma parte do proxecto do mesmo nome, promovido polo Colectivo Egeria, co patrocinio da Xunta de Galicia, e a colaboración da Real Academia Galega e o Concello de Sarria. Este proxecto está composto por unha web, unha exposición itinerante que a finais deste mes terá visitado 42 cidades e poboacións de Galicia, e un catálogo que recolle os contidos da exposición.
A Xunta de Galicia celebra o Día dos Museos, o vindeiro martes 18 de maio, coa organización de múltiples actividades nos centros museísticos xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Trátase dun conxunto de máis de 30 actividades presenciais e en liña que abranguen obradoiros, visitas guiadas ou concertos, entre outros. Baixo o lema O futuro dos museos, recuperar e imaxinar escollido este ano polo Consello Internacional dos Museos (ICOM), porase o foco na progresiva incorporación e transformación dixital nos museos galegos. As celebracións deste ano estarán marcadas tamén pola recente entrada en vigor da primeira lei galega que regula de forma autónoma e independente estes centros e que supón contar con eficaces ferramentas e cunha regulación máis detallada e precisa.
Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo acollen ao longo de maio unha escolma de 18 filmes incluídos na programación estendida da Filmoteca de Galicia, dos que se realizarán 26 proxeccións nos cineclubs destas cidades. A iniciativa desenvólvese ao abeiro da colaboración entre a Xunta e os cineclubs Valle-Inclán, Padre Feijoo, Pontevedra e Lumière a prol da descentralización e dunha maior difusión entre o público das películas que conforman a carteleira da sala José Sellier da sede da cinemateca na Coruña. Así, nos vindeiros días, o cineclub Valle-Inclán, de Lugo, proxectará o mércores 19 Dorothé na vila, de Alejandro Gándara e Olaia Tubío, e o día 24, Mi noche con Maud, filme integrado no ciclo Esenciais: Éric Rohmer.
A Xunta realizará unha proba piloto como ensaio previo á reapertura do ocio nocturno cando se dean as circunstancias. Farase o 12 de xuño en dúas discotecas e catro pubs de concellos con niveis de restricións medio-baixos. O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xunto co director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acordaron con representantes do sector o protocolo de reactivación.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.954, deles 670 son da área da Coruña, 204 da de Lugo, 225 da de Ourense, 474 da de Pontevedra, 859 da área de Vigo, 423 da de Santiago e 99 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 40 están en UCI, 148 en unidades de hospitalización e 2.766 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 119.044 persoas curadas, rexistrándose 2.397 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.148.859.
A Xunta estende a gratuidade no transporte público aos menores de 21 anos de toda Galicia desde o vindeiro 21 de maio, coa utilización da tarxeta ‘Xente Nova’. Este dispositivo, que ata o momento podía empregarse nas áreas de transporte metropolitano, na provincia de Ourense e en 13 concellos da área de Pontevedra, expandirase a toda a comunidade a partir do venres da próxima semana, permitindo que todos os menores de 21 anos viaxen de balde no autobús da Xunta, ademais de no barco no caso da ría de Vigo e no ferrocarril de vía estreita na área de Ferrol.
« Anterior | 3  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (189)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES