Noticias

Feijóo sinala en Fitur que Galicia 'xa está preparada' para ser protagonista no Xacobeo 21-22 dun destino seguro e de calidade

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aseverou hoxe que Galicia “xa está preparada” para ser protagonista no Xacobeo 21-22 dun destino seguro e de calidade. “Estamos listos xa para recibir cos brazos abertos a toda a xente que queira chegar ao córner de Europa: cunha Catedral de Santiago reinaugurada, cun Pórtico da Gloria que recobrou o seu esplendor, cunha revitalización do Monte do Gozo e co acondicionamento das infraestruturas de acceso á capital e dos miles de quilómetros que vertebran o Camiño”, asegurou, durante a presentación de Turismo de Galicia en Fitur 2021: Xacobeo 2021-2022. Camiña a Galicia.

Nesta liña, incidiu no turismo como sector clave para a reactivación económica, sendo a segunda industria que máis emprego achega. “Estamos a falar dun sector que trae sempre boas novas”, dixo, referíndose aos máis de cinco millóns de persoas que recibiu a Comunidade en 2019 e ás máis de 11 millóns de pernoitas.

Ao longo da súa intervención, Feijóo afirmou que co Ano Santo, Galicia abre a porta ao viaxeiro e convértese no “mellor lugar do mundo”. E reiterou o compromiso da Xunta para, ante as cuestións de futuro que se están formulando, ter dúas respostas: “Turismo seguro? Galicia e Xacobeo; Turismo de calidade? Galicia e Xacobeo; Turismo sostible? Galicia e Xacobeo; Turismo de natureza, cultural, gastronómico e de experiencias únicas? Galicia e Xacobeo”, salientou.

Sobre este punto, subliñou que toda a Comunidade está repleta de escenarios únicos que se atopan nos seus 1.600 quilómetros de costa; nas súas rías; nas 863 praias; nos seus seis parques naturais, nas súas seis reservas da biosfera e nas 400.000 hectáreas protexidas pola súa singularidade e beleza; nas súas augas termais; e nun patrimonio “que queremos seguir proxectando ao mundo”, dixo, referíndose ao paraíso natural de Cíes-Illas Atlánticas, á Ribeira Sacra ou ao Ferrol da Ilustración.

O presidente da Xunta concluíu afirmando que Galicia seguirá acollendo ao turista e ofrecendo a mellor atención, nos 328 establecementos recoñecidos coa Q de calidade; as mellores experiencias, coas súas festas de interese turístico internacional e nacional; e a mellor gastronomía.

R., 2021-05-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-serie-clopen.jpg) A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
Foto de la tercera plana (golpes-bajos.jpg) O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquí, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.

Notas

Logo dos traballos desenvolvidos no Corro dos Mouros entre 2023 e 2025, a cuarta campaña de escavacións na parroquia de Santa María Madalena de Adai (Lugo), na propiedade da Asociación da Comunidade de Montes M.V.M.C. Vecinos de Adai, profunda agora en dous abrigos, un deles, coñecido como Pena Travesa, cun petróglifo con deseños complexos de cazoletas na parte superior da rocha.
A Universidade da Coruña acollerá o vindeiro 22 de outubro a IV Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente (XIGAID), un encontro que reunirá na Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC (ETSAC) profesorado das tres universidades públicas galegas para compartir experiencias, boas prácticas e propostas ante os novos retos da docencia universitaria.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES