Archivo (7 del 2020)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 238 deles 26 son da área da Coruña, 171 da de Lugo, 4 da de Ourense, 7 da de Pontevedra, 14 da área de Vigo, 15 da de Santiago, e 1 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 6 están en unidades de hospitalización e 231 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.979 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 223.514.
Atardecer no Gaiás -o ciclo de concertos de balde e ao solpor da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura- apostará pola músicas urbanas e en galego do dúo compostelán Verto para musicar o solpor de mañá e para o que xa están todas as entradas-convites esgotadas. Precisamente, o protocolo de seguridade sanitaria esixe que nesta edición haxa que reservar praza -limitada a 180 persoas por concerto e con posibilidade de ser dobre para conviventes- na páxina web da Cidade da Cultura de Galicia , e que sexa obrigatorio acudir coa máscara de protección. Os concertos estanse a celebrar ás 21,00 horas os xoves ata o 3 de setembro, e neles está garantida a distancia social cun control de acceso e saída e colocación de pufs, que se disporán na Praza Central da Cidade da Cultura.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, anunciou hoxe en rolda de prensa, logo da reunión con expertos do Comité Clínico onde se revisaron as medidas de restrición que estaban en vigor na Mariña lucense como consecuencia do brote da covid-19, que se levanta a limitación da mobilidade en todos os concellos do distrito da Mariña, agás Burela. Deste xeito, os concellos de Barreiros, Cervo, Foz, Ribadeo, Viveiro e Xove únense aos de Alfoz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Trabada, O Valadouro e O Vicedo, que xa tiñan mobilidade completa dende a pasada semana. O concello de Burela, manterá limitada a mobilidade ao ámbito xeográfico do término municipal durante outros sete días.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 245 deles 23 son da área da Coruña, 183 da de Lugo, 4 da de Ourense, 7 da de Pontevedra, 12 da área de Vigo, 15 da de Santiago, e 1 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 6 están en unidades de hospitalización e 238 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.965 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 220.603.
A Praza Central da Cidade da Cultura acollerá o vindeiro 29 de xullo ás 21,00 horas o macroespectáculo de La Fura dels Baus NN (Nova Normalidade), unha proposta dirixida por Carlus Padrissa coa que a compañía catalá recoñece o traballo do persoal sanitario e científico que traballa na loita contra a covid-19. O espectáculo contará coa participación de máis dunha vintena de artistas galegos, que nesta función en Santiago de Compostela se sumarán ao elenco do que forman parte un centenar de actores, bailaríns e cantantes, e tamén coa colaboración de entidades locais.
Música, viño, gastronomía e patrimonio son os catro piares dun festival que regresa do 31 de xullo ao 2 de agosto coa súa cuarta edición, máis íntima, máis próxima. Unha cita que servirá para ir recuperando aos poucos o turismo de proximidade e levar a cultura en vivo aos recunchos máis máxicos da Ribeira Sacra; pero tamén, unha maneira de agradecer todo o apoio recibido por parte do público e sobre todo, o compromiso co territorio. E neste ano tan atípico, a seguridade e a saúde de todos os asistentes e profesionais que estarán na Ribeira Sacra esa fin de semana será unha das súas prioridades. O Festival volve contar un ano máis co patrocinio de Cervezas Alhambra, formando parte de Momentos Alhambra. Un ciclo que nace da paixón da cervexeira pola música e polo descubrimento de creacións auténticas, feitas para gozar cos cinco sentidos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 253, deles 19 son da área da Coruña, 199 da de Lugo, 4 da de Ourense, 5 da de Pontevedra, 11 da área de Vigo, 14 da de Santiago, e 1 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 4 están en unidades de hospitalización e 248 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.940 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 216.499.
Na súa segunda edición, Camiño Escena Norte volverá articular as súas actividades arredor de dous eixos: o Itinerario Constelacións e o Camiño Expandido. O primeiro deles suporá a realización en Galicia de oito funcións a cargo de compañías asturianas, cántabras e vascas, ao tempo que dúas formacións galegas terán a oportunidade de presentar os seus traballos nas outras tres comunidades participantes. Pola súa banda, Camiño Expandido ofrecerá unha serie de actividades paralelas para explorar as relacións co público e novas posibilidades de intercambio profesional, así como para favorecer a reflexión no marco deste sector. A ruta histórica do Camiño do Norte vertebra este proxecto interautonómico co obxectivo de facilitar o coñecemento mutuo entre os profesionais e o público destas catro comunidades autónomas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 262 deles 24 son da área da Coruña, 200 da de Lugo, 4 da de Ourense, 6 da de Pontevedra, 11 da área de Vigo, 16 da de Santiago, e 1 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 6 están en unidades de hospitalización e 255 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.943 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 218.587.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 256, deles 22 son da área da Coruña, 190 da de Lugo, 1 da de Ourense, 3 da de Pontevedra, 24 da área de Vigo, 14 da de Santiago, e 2 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 7 están en unidades de hospitalización e 249 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.880 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 207.535. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
« Anterior | 4  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (275)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES