Archivo (6 del 2020)

Buscador

Noticias

A Xunta de Galicia festexará o 21 de xuño o Día da Música con tres concertos na Cidade da Cultura de pequeno formato a cargo de: El afecto ilustrado, FAIA e Chisme, que se celebrarán ao longo de toda a xornada. Trátase da primeira programación cultural do Gaiás que contará con público, tras a cancelación deste tipo de actividades pola alerta sanitaria da covid-19. A asistencia é de balde, previa retirada de convite en Ataquilla.com, e limitarase a 60 persoas por actuación. No entanto, todos os concertos poderán seguirse en directo ás 12h, 17,30h e 21h pola canle de Youtube do Gaiás e tamén pola súa páxina web cidadedacultura.gal. Todas as actuacións terán lugar no Museo Centro Gaiás e comezarán ás 12,00 horas coa agrupación de música clásica El afecto ilustrado.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 351, deles 109 son da área da Coruña, 21 da de Lugo, 27 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 140 da área de Vigo, 34 da de Santiago, e 12 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 343 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.486 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 158.324.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 359, deles 108 son da área da Coruña, 22 da de Lugo, 28 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 147 da área de Vigo, 34 da de Santiago, e 12 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 7 están en unidades de hospitalización e 352 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.476 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 157.075. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia.
O Banco de España volve situar a Galicia como a terceira comunidade de réxime común con menor endebedamento de España, tal como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo publicados polo organismo regulador. En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia sitúase no 18,1% ao peche do primeiro trimestre do ano, seis puntos menos que a media autonómica (24,1%) e só superior ao de dous comunidades de réxime común, Madrid e Canarias. A ratio de débeda/PIB de Galicia no primeiro trimestre é inferior en dúas décimas ao rexistrado no mesmo período de 2019 (18,3%).
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo hoxe unha xuntanza por videoconferencia con representantes da Alianza Pesqueira Europa (EUFA) e de distintas entidades pesqueiras galegas na que analizou a falla de avances na negociación da Unión Europea co Reino Unido sobre o brexit e na que apelou a manter a unidade de acción do sector pesqueiro europeo ante este escenario. Con ese obxectivo, a titular de Mar anunciou que Galicia asinará unha segunda declaración en favor das comunidades pesqueiras ante o brexit -a coñecida como declaración de Santiago- para que o sector conte cunha posición de forza na defensa dos seus intereses.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 357, deles 105 son da área da Coruña, 22 da de Lugo, 28 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 148 da área de Vigo, 34 da de Santiago, e 12 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 349 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.470 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 156.036.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o acordo no Consello da Xunta de dar por rematada a fase 3 e anunciou que Galicia levantará o estado de alarma a partir do próximo luns, despois de que o Goberno central autorizase este mesmo venres á Comunidade a dar este paso. “Facémolo avalados pola situación epidemiolóxica que temos desde hai 14 días e pola solidez dos datos sanitarios”, aseverou Feijóo, para logo concretar que, nos últimos 7 días, a taxa de incidencia por 100.000 habitantes cífrase en Galicia en 0,4, mentres a media de España é de 4,2. Ademais, o titular da Xunta salientou que Galicia é, polo momento, a comunidade autónoma con menor taxa de incidencia por 100.000 habitantes de España.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 465, deles 105 son da área da Coruña, 29 da de Lugo, 31 da de Ourense, 11 da de Pontevedra, 184 da área de Vigo, 92 da de Santiago, e 13 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 11 están en unidades de hospitalización e 454 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.356 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 155.048.
Os desafíos aos que se enfronta no contexto actual o sector audiovisual será o tema central do debate no quinto webinario convocado polos Foros #aculturasegue. Reflexións sobre a cultura na era poscovid-19. A sesión, que terá lugar este venres 12 de xuño ás 17,00 h, contará coa participación da cineasta catalá Carla Simón, que coa súa primeira longametraxe Estiu 1993 acadou o premio á mellor ópera prima da Berlinale 2017, e do produtor Alfonso Blanco, quen ademais de contar con máis de 300 horas de prime time producidas para televisión en series como Mareas Vivas, Padre Casares ou Matalobos, é o fundador e CEO de Portocabo, a produtora da multipremiada serie Hierro.
Galicia demanda ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que medie ante o Ministerio de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación para que realice as xestións necesarias ante as institucións comunitarias co obxectivo de que a consecución dun acordo pesqueiro que defenda os intereses da frota española sexa un asunto prioritario na negociación das autoridades europeas co Reino Unido. Neste sentido, a conselleira do Mar, Rosa Quintana salientou a importancia de que os responsables do Executivo comunitario, como a nova directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG Mare) da Comisión Europea, Charlina Vitcheva, sexan conscientes da transcendencia económica e social que o sector pesqueiro ten en rexións como Galicia.
« Anterior | 4  de  7 | Siguiente »

Archivo

2024 (198)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES