Archivo (6 del 2020)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 341, deles 109 son da área da Coruña, 17 da de Lugo, 24 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 141 da área de Vigo, 29 da de Santiago, e 12 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 6 están en unidades de hospitalización e 335 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.518 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 163.569.
A Xunta de Galicia, a través da Amtega e a Consellería de Educación, Universidade e Formación, e a Fundación Vodafone España presentan a nova edición do proxecto ‘DigiCraft no teu cole’ para o curso académico 2020/2021. A nova edición consolida o acordo de colaboración asinado por ambas as institucións en 2019 para levar a Galicia esta iniciativa pioneira en España e fomentar o desenvolvemento de competencias dixitais desde a infancia, enmarcándose no Plan DigiTalent da Xunta. Co lanzamento desta segunda edición de ‘DigiCraft no teu cole’, a Xunta e a Fundación Vodafone España incorporarán ao programa ata 200 novos centros escolares de educación primaria en toda Galicia, que se sumarán aos 50 que xa participaron o último ano e seguirán desenvolvendo o proxecto.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 343, deles 109 son da área da Coruña, 18 da de Lugo, 25 da de Ourense, 7 da de Pontevedra, 141 da área de Vigo, 31 da de Santiago, e 12 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 6 están en unidades de hospitalización e 337 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.506 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 162.562.
A recuperación da actividade das salas privadas de concertos e dos profesionais galegos da música ao vivo no contexto poscovid-19 é a prioridade do novo programa Directos Xacobeo'21 en Salas, que a Xunta de Galicia pon en marcha xunto á Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo Clubtura no marco do plan autonómico de reactivación dos sectores cultural e turístico. A Consellería de Cultura e Turismo financia integramente este ciclo a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Directos Xacobeo'21 en Salas desenvolverá entre os meses de xullo e outubro unha programación de ata 160 concertos protagonizada exclusivamente por solistas e grupos galegos de todos os estilos nun máximo de 40 salas das catro provincias, integrantes ou non da devandita asociación.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 341, deles 109 son da área da Coruña, 17 da de Lugo, 25 da de Ourense, 7 da de Pontevedra, 141 da área de Vigo, 30 da de Santiago, e 12 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 7 están en unidades de hospitalización e 334 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.503 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 161.195.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe que Galicia conta cun plan de reactivación para o eido marítimo-pesqueiro ante a crise derivada do coronavirus que suporá unha inxección global de 77 millóns de euros en 2020 no complexo mar-industria a través de cinco liñas de apoio que buscan aportar liquidez e solvencia ás empresas do sector para garantir a súa sustentabilidade e competitividade ante as dificultades actuais derivadas da covid-19. O obxectivo deste plan é que ninguén quede atrás no camiño da recuperación e que o sector volva á situación previa á pandemia o antes posible. O plan de reactivación e dinamización do eido marítimo-pesqueiro, denominado Avantemar, pretende ser un programa xeral de apoio ao sector ante as importantes perdas acumuladas nos últimos meses.
O programa Reactiva Comercio, Turismo e Servizos Seguros, da Xunta de Galicia, vai favorecer a reactivación de máis de 27.000 establecementos galegos, PEMES e autónomos que poderán instalar medidas de protección nos seus locais para clientes e traballadores, para dar a maior confianza aos consumidores neste etapa poscovid-19. Trátase dun programa de axudas cun importe de 16 millóns de euros, no que participan as Consellerías de Economía, Emprego e Industria; Cultura e Turismo; e Infraestruturas e Mobilidade. Os autónomos e PEMES dos sectores comercial, turístico, servizos e transporte, poden solicitar estas axudas que inclúen un anticipo dun 50% dos investimentos no momento da resolución favorable.
Os coordinadores de prevención para a xornada electoral do próximo 12 de xullo veñen de rematar a inspección dos 2.405 locais electorais galegos. Durante a semana pasada, comprobouse que 2.280 locais -case o 95%- cumprían xa de inicio coas condicións do Protocolo da Xunta e buscouse unha ubicación alternativa para os 125 que non estaban en condicións de cumprila segundo as inspeccións. Deste modo, case un mes antes da xornada electoral, o 100% dos locais designados contan coas características necesarias para cumprir coas medidas de seguridade. O traballo dos 133 inspectores desenvolveuse en colaboración fluída cos concellos, tanto á hora de facer as inspeccións como cando foi necesario buscar locais alternativos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 349, deles 109 son da área da Coruña, 19 da de Lugo, 26 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 142 da área de Vigo, 33 da de Santiago, e 12 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 341 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.491 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 159.799.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 348, deles 108 son da área da Coruña, 20 da de Lugo, 26 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 140 da área de Vigo, 34 da de Santiago, e 12 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 340 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.489 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 159.102.
« Anterior | 3  de  7 | Siguiente »

Archivo

2024 (177)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES