Archivo (5 del 2020)

Buscador

Noticias

Os centros educativos públicos galegos sitúanse á cabeza do Estado na disposición de servizos dixitais provistos pola Administración pública como entornos virtuais de aprendizaxe, aulas virtuais e servizos na nube. Así se recolle na estatística "Ensino non universitario. Sociedade da información e a comunicación nos centros educativos. Curso 2018-2019", que vén de publicar o Ministerio de Educación e Formación Profesional e que reflicte a boa situación da dixitalización nos centros públicos galegos no contexto nacional. O 96% dos centros de ensino públicos de Galicia dispoñen de aulas virtuais, grazas aos proxectos EDIXGAL e Webs dinámicas, fronte o 41,3% da media estatal. Ademais, o 99% dos centros públicos dispoñen de servizos na nube e o 93,3% dos centros públicos dispoñen de páxina web, fronte ao 86,9% a nivel nacional.
O Centro de Coordinación Operativa (Cecop) acordou incrementar o aforo dos locais de hostalaría e restauración ata o 50% a partir deste luns. O acordo chega despois de que nas instrucións publicadas no BOE para os territorios na fase 2 da desescalada, o Goberno central autorizase ás distintas Comunidades a modificar o aforo máximo no interior destes establecementos, ben reducíndoo ao 30% ou ben incrementándoo ata o 50%. Así, se acordou na reunión presidida polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e que contou con representación da Delegación de Goberno e da Fegamp, onde se indicou que na toma desta decisión o Goberno galego tivo en conta opinión de representantes do sector turístico.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 732, deles 167 son da área da Coruña, 41 da de Lugo, 75 da de Ourense, 28 da de Pontevedra, 266 da área de Vigo, 135 da de Santiago, e 20 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 4 permanecen en UCI, 33 están en unidades de hospitalización e 695 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.958 persoas curadas, rexistrándose 616 falecementos. O número de PCR realizadas é de 142.755.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 749, deles 170 son da área da Coruña, 44 da de Lugo, 82 da de Ourense, 29 da de Pontevedra, 269 da área de Vigo, 136 da de Santiago, e 19 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 3 permanecen en UCI, 36 están en unidades de hospitalización e 710 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.936 persoas curadas, rexistrándose 615 falecementos. O número de PCR realizadas é de 141.331. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia.
Como se van comportar as persoas residentes no estado Español á hora de elixir destino na nova normalidade xurdida pola Covid-19 é a pregunta á que responde un estudo liderado polo profesor do Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da USC, Jakson Renner Rodrigues Soares, xunto co Grupo de Investigación Turismo, Economía e Sustentabilidade (GTES) da Universidade Estadual do Ceará en Brasil. Con esta investigación, búscase guiar a empresas e destinos turísticos na súa toma de decisións ante a actual situación de crise sanitaria global. As conclusións do informe extráense das máis de 850 enquisas realizadas en todo o territorio español, a partir dunha pregunta inicial: planificou vostede algunha viaxe para os próximos meses?
No día de onte tivo lugar unha nova xuntanza bilateral telemática entre a Consellería de Sanidade e o Ministerio para tratar diversos asuntos relacionados coa crise sanitaria da covid-19, na que o conselleiro plantexou de novo medidas para flexibilizar as fases da desescalada. Na xuntanza, os responsables do Ministerio de Sanidad confirmaron ao departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña que o Goberno modificou a orde sobre o uso das praias ao suprimir a referencia aos seis metros a contar desde a beiramar en preamar, polo que o aforo calcularase considerando que a superficie da praia a ocupar por cada bañista sexa de aproximadamente catro metros cadrados.
A Xunta Electoral Central vén de comunicar á Xunta as medidas a adoptar na tramitación do voto por correo para as eleccións ao Parlamento de Galicia do próximo 12 de xullo. O acordo recolle varias das demandas incluídas no protocolo do Goberno galego de medidas preventivas fronte o coronavirus deseñado para a xornada electoral, no que se insta a fomentar o voto por correo. En canto á solicitude do voto por correo, a Xunta propón ás administracións competentes que se poida realizar por vía telemática mediante un sistema de acreditación que garanta a identidade do solicitante. A Xunta Electoral Central aceptou esta proposta aclarando que a petición de forma telemática se realizará a través da páxina web de Correos mediante firma electrónica.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 773, deles 179 son da área da Coruña, 49 da de Lugo, 89 da de Ourense, 30 da de Pontevedra, 266 da área de Vigo, 139 da de Santiago, e 21 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 5 permanecen en UCI, 37 están en unidades de hospitalización e 731 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.896 persoas curadas, rexistrándose 615 falecementos. O número de PCR realizadas é de 140.225.
O PIB de Galicia baixou no primeiro trimestre do ano un 3,6% en taxa interanual por mor do efecto negativo da covid-19 sobre a maioría dos compoñentes da oferta e da demanda, segundo reflicten as Contas económicas trimestrais publicadas hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Este descenso é medio punto inferior ao rexistrado no conxunto de España (-4,1%), tal como xa avanzou o mes pasado o Instituto Nacional de Estadística (INE). En canto á taxa trimestral –é dicir, a evolución da economía en comparación co cuarto trimestre do ano 2019-, o IGE estima que o PIB galego rexistrou un descenso do 4,9%.
A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 799, deles 187 son da área da Coruña, 51 da de Lugo, 94 da de Ourense, 36 da de Pontevedra, 268 da área de Vigo, 142 da de Santiago, e 21 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 5 permanecen en UCI, 37 están en unidades de hospitalización e 757 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.849 persoas curadas, rexistrándose 615 falecementos. O número de PCR realizadas é de 138.993. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental, co Ministerio de Sanidade e cos axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
« Anterior | 1  de  8 | Siguiente »

Archivo

2024 (170)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES