Archivo (4 del 2020)

Buscador

Noticias

O Programa do Bono de Alugueiro Social acaba de convocar unha liña de subvencións destinada especificamente ao alugamento de vivendas para vítimas de violencia de xénero, fillos dependentes e vítimas de trata con fins de explotación sexual. Así consta na Resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia en virtude da cal as persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes a partir de mañá e ata o próximo 11 de decembro de 2020, salvo que se esgote antes o crédito orzamentario: 2.050.000 euros repartidos entre as anualidades de 2020 e 2021. Cómpre lembrar que a Xunta creou o Bono de Alugueiro Social específico para víctimas de violencia de xénero en 2019, concedendo nesa primeira convocatoria un total de 120 axudas.
Alberto Núñez Feijóo informou da activación de 3 millóns de euros para apoiar o desenvolvemento de proxectos innovadores vinculados ao coronavirus, así como o impulso da fabricación inmediata de medios de protección, a través de axudas que faciliten ás pemes galegas a reorganizar a súa produción e axustarse ás necesidades do mercado. Feijóo resaltou que en total presentáronse 160 iniciativas para producir material sanitario, das cales se preseleccionaron 11 que inclúen proxectos para desenvolver láminas que poidan protexer diferentes superficies fronte ao virus; novos sistemas para respiradores; sistemas de detección rápida; máscaras capaces de filtrar o virus; ou iniciativas de cartografía sobre o risco de contaxio.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.435, deles 1.117 son da área da Coruña, 563 da de Lugo, 999 da de Ourense, 466 da de Pontevedra, 1.094 da área de Vigo, 884 da de Santiago, e 312 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 162 permanecen en UCI, 910 están en unidades de hospitalización e 4.363 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 688 altas de pacientes e 208 falecementos. O número de PCR realizadas é de 32.146.
O Comité pretende aproveitar as capacidades da industria galega para a fabricación do equipamento que máis se está necesitando nos centros hospitalarios, nos centros de atención a maiores e persoas con discapacidade, e noutros lugares de traballo: EPIs, luvas, mascarillas, produtos desinfectantes ou pezas para respiradores. As propostas estanse canalizando a través da plataforma Marketplace que está xestionando xa 55 propostas viables. Destacan os EPIS doados por Ceaga, as batas médicas xestionadas polo clúster téxtil Cointega, os mandís impermeables que fabrica a industria do plástico, pantallas protectoras, respiradores que están fabricando Bendix e Cinfa, ou o pedido de mascarillas no que colabora Gabadi.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.342, deles 1.071 son da área da Coruña, 563 da de Lugo, 992 da de Ourense, 457 da de Pontevedra, 1.081 da área de Vigo, 871 da de Santiago, e 307 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 168 permanecen en UCI, 939 están en unidades de hospitalización e 4.235 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 610 altas de pacientes e 199 falecementos.
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, o director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), Eduardo López, e os reitores das tres universidades galegas, Antonio López (USC), Manuel Reigosa (UVigo) e Julio Abalde (UDC) reuníronse esta mañá por videoconferencia. No marco desta xuntanza consensuouse, tal e como solicitaron os tres reitores, manter o calendario académico sen retomar as clases presenciais neste curso 2019/2020. Esta decisión tómase tras confirmar o Goberno central que o Estado de Alarma se vai prorrogar ata o 26 de abril e que aínda podería alongarse máis.
A iniciativa da Sociedade Iberoamericana de Psicoloxía do Deporte (SIPD) co apoio da Universidad Liberquaré e da Secretaría Xeral para o Deporte, Píldoras Solidarias. Entrenamiento Mental cumpre quince días nos que vén de levar a cabo as súas primeiras dez entregas que contaron cunha excepcional acollida cifrada en 56.473 impactos en deportistas, adestradores e outros profesionais do deporte. Ante esta masiva resposta, a SIPD vén de ampliar as Píldoras Solidarias incorporando a novos profesionais referentes de Mexico, Cuba, Portugal, Chile, Arxentina, Uruguai, Costa Rica, Colombia, España e Nicaragua e chegando xa a unha vintena de países.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.175, deles 1.058 son da área da Coruña, 555 da de Lugo, 921 da de Ourense, 444 da de Pontevedra, 1.075 da área de Vigo, 816 da de Santiago, e 306 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 169 permanecen en UCI, 893 están en unidades de hospitalización e 4.113 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 587 altas de pacientes e 182 falecementos.
Alberto Núñez Feijóo destacou que todo o orzamento da Xunta está a disposición “da saúde física da nosa xente, en primeiro lugar e, en segundo lugar, da saúde do emprego e da economía”. “Seguiremos traballando co mesmo énfase, co obxectivo de acadar un equilibrio entre protexer a saúde das persoas máis vulnerables e facilitar, con todas as medidas de seguridade, a reactivación paulatina dos sectores económicos”, abundou, pedindo ao Goberno de España que restitúa os fondos para o emprego retirados ás comunidades. Durante a reunión co presidente do Goberno e os outros presidentes autonómicos, Feijóo considerou clave seguir cos test para detectar todos os casos posibles e darlles o diagnóstico no menor tempo posible.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 4.926, deles 1.029 son da área da Coruña, 558 da de Lugo, 875 da de Ourense, 432 da de Pontevedra, 1.055 da área de Vigo, 694 da de Santiago, e 283 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 177 permanecen en UCI, 891 están en unidades de hospitalización e 3.858 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 531 altas de pacientes e 168 falecementos.
« Anterior | 7  de  8 | Siguiente »

Archivo

2025 (275)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES