Noticias

O comité de fabricación de equipamento sanitario e de material para a protección dos traballadores xa está avaliando 55 proxectos

O Comité pretende aproveitar as capacidades da industria galega para a fabricación do equipamento que máis se está necesitando nos centros hospitalarios, nos centros de atención a maiores e persoas con discapacidade, e noutros lugares de traballo: EPIs, luvas, mascarillas, produtos desinfectantes ou pezas para respiradores. As propostas estanse canalizando a través da plataforma Marketplace que está xestionando xa 55 propostas viables. Destacan os EPIS doados por Ceaga, as batas médicas xestionadas polo clúster téxtil Cointega, os mandís impermeables que fabrica a industria do plástico, pantallas protectoras, respiradores que están fabricando Bendix e Cinfa, ou o pedido de mascarillas no que colabora Gabadi.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá na primeira reunión do Comité de fabricación de equipamento sanitario e para a prevención en materia de saúde laboral -do que tamén forman parte as consellerías de Sanidade e Política Social- e que ten por cometido coordinar entre o tecido empresarial a oferta e a demanda do material necesario no contexto actual de emerxencia sanitaria. Segundo explicou, xa se están avaliando 55 proxectos.

O Comité pretende aproveitar as capacidades da industria galega para a fabricación do equipamento que máis se está necesitando nestes intres tanto nos centros hospitalarios como nos centros de atención a maiores e persoas con discapacidade, así como noutros lugares de traballo. En concreto, equipos de protección individual, luvas, mascarillas, produtos desinfectantes ou pezas para respiradores.

“Desde a Xunta seguimos traballando para dar resposta á necesidade que temos no eido sanitario, nos servizos sociais e na industria de equipamento tanto sanitario como de protección para que as actividades se poidan desenvolver con todas as garantías de seguridade para os traballadores e cidadáns”, explicou Conde, quen avanzou que xa se identificaron 55 proxectos “cos que estamos traballando para que o tecido empresarial dea unha resposta efectiva que permita obter este equipamento”.

Ante o número de propostas recibidas por parte das empresas galegas que están a poñer a súa infraestrutura ao servizo da pandemia ou que se están reinventando a través da innovación para fabricar produtos necesarios, Conde agradeceu esta colaboración e destacou que o tecido empresarial está actuando desde a solidariedade e a responsabilidade, amosando o seu know-how.

Así, todas esas propostas recibidas estanse canalizando a través da plataforma Marketplace que está xestionando xa 55 propostas viables que se avaliaron na xuntanza de hoxe. Destacan os EPIS doados por Ceaga, as batas médicas xestionadas polo clúster téxtil Cointega, os mandís impermeables que fabrica a industria do plástico, pantallas protectoras, respiradores que están fabricando Bendix e Cinfa, ou o pedido de mascarillas no que colabora Gabadi.

R., 2020-04-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES