Buscador
Noticias
A Consellería de Cultura e Turismo lanza unha visita virtual a Galicia, un relato no mundo para achegar os seus contidos a todas as persoas que, debido ao peche do Museo Centro Gaiás, quedaron sen posibilidade de descubrir a exposición de maior éxito da Cidade da Cultura. A mostra, que estaba previsto manter aberta ata o 12 de abril, non recibe visitas desde o 13 de marzo, día no que a Xunta de Galicia declarou a emerxencia sanitaria, que supuxo o peche dos museos e outras instalacións como medida de precaución fronte o avance da pandemia. Nesa data, un total de 43.035 persoas achegáranse xa a Galicia, un relato no mundo, o que supón unha media de 426 visitantes ao día, cifra récord no rexistro do Museo Centro Gaiás.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.833, deles 1.228 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.154 da de Ourense, 482 da de Pontevedra, 1.078 da área de Vigo, 973 da de Santiago, e 327 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 140 permanecen en UCI, 742 están en unidades de hospitalización e 4.951 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.143 altas de pacientes e 360 falecementos. O número de PCR realizadas é de 43.992.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.747, deles 1.169 son da área da Coruña, 592 da de Lugo, 1.129 da de Ourense, 483 da de Pontevedra, 1.085 da área de Vigo, 963 da de Santiago, e 326 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 143 permanecen en UCI, 716 están en unidades de hospitalización e 4.888 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.082 altas de pacientes e 347 falecementos. O número de PCR realizadas é de 42.122.
O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia con representantes das grandes cadeas de distribución alimentaria con presenza en Galicia. Nel participaron pola cadea Vegalsa Eroski, Jorge Eiroa; por Gadisa, Santiago Codesido; por Froiz, Manuel Aris; por Carrefour, Francisco Couso e por El Corte Inglés, Pati Blanco. Este encontro, que se inicia con estas cadeas distribuidoras, pero a iniciativa está aberta a calquera outra que teña interese en colaborar, serviu para pechar os detalles dun acordo que servirá para impulsar a compra e fomentar o consumo de produtos agroalimentarios galegos, dándolles así unha nova saída tras o peche da hostalaría e dos mercados municipais.
O Goberno galego vén de definir os integrantes da comisión de expertos que vai a asesorar á Xunta sobre como minimizar o impacto da crise derivada do Coronavirus e estar preparados para a recuperación económica. O obxectivo é que o órgano se reúna xa a vindeira semana de xeito telemático para empezar a traballar. A comisión é un órgano asesor que se pon en marcha coa finalidade de estar preparados para, unha vez superado o coronavirus, iniciar unha recuperación paulatina da economía galega e do mercado laboral. Entre outras cuestións, solicitarase apoio ao respecto da determinación do impacto económico que a emerxencia sanitaria e as medidas de restrición van ter na economía galega.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o conselleiro do Medio Rural, José González, veñen de remitir unha carta ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, na que reclaman diferentes medidas fiscais de apoio ao sector primario, de aplicación inmediata, para facer fronte ás dificultades que se lle presentan no actual estado de alarma. Na misiva comezan amosando o apoio ás diferentes medidas adoptadas polo Goberno central, pero reclamando ao tempo a necesidade de contar coas comunidades autónomas no seu deseño e aplicación. Así, proponse que de agora en diante este tipo de decisións sexan previamente comentadas e consensuadas coas autonomías, de cara a unha mellor adecuación ás características de cada territorio.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.631, deles 1.151 son da área da Coruña, 571 da de Lugo, 1.082 da de Ourense, 469 da de Pontevedra, 1.074 da área de Vigo, 963 da de Santiago, e 321 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 149 permanecen en UCI, 766 están en unidades de hospitalización e 4.716 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 997 altas de pacientes e 318 falecementos. O número de PCR realizadas é de 39.432.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.551, deles 1.148 son da área da Coruña, 563 da de Lugo, 1.041 da de Ourense, 470 da de Pontevedra, 1.069 da área de Vigo, 939 da de Santiago, e 321 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 154 permanecen en UCI, 794 están en unidades de hospitalización e 4.603 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 910 altas de pacientes e 297 falecementos. O número de PCR realizadas é de 36.799.
Os profesionais do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais (SPDCIF) de Galicia levan realizadas máis dun millar de desinfeccións en centros de saúde e residencias de maiores e discapacitados dende que comezara a súa colaboración de maneira preventiva no marco da situación de emerxencia declarada por mor do coronavirus. Estas actuacións, que realizan estes traballadores de xeito totalmente voluntario, lévanse a cabo en ata 200 municipios galegos durante esta situación de emerxencia sanitaria. Ademais dos centros asistenciais están a desinfectar outras áreas do rural especialmente concorridas, como beirarrúas ou zonas establecidas para a recollida do lixo.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.460, deles 1.138 son da área da Coruña, 566 da de Lugo, 1.001 da de Ourense, 460 da de Pontevedra, 1.066 da área de Vigo, 911 da de Santiago, e 318 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 158 permanecen en UCI, 835 están en unidades de hospitalización e 4.467 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 800 altas de pacientes e 278 falecementos. O número de PCR realizadas é de 34.423.