
Pese a pecharse ao público un mes antes do programado, a mostra sitúase como a exposición coas mellores cifras de todas as programadas na Cidade da Cultura desde a súa inauguración e acredita o excepcional interese do público por afondar no coñecemento da historia de Galicia.
A exposición obtivo tamén unha resposta excepcional entre os centros educativos, máis de seis mil alumnos de diferentes niveis desde primaria ata aos estudos universitarios- participaron nas visitas didácticas organizadas polo Museo Centro Gaiás.
Nestas semanas nas que o Museo permanece pechado, a Cidade da Cultura vén desenvolvendo actividades online aproveitando tamén os contidos da exposición, como o programa Aventura no monte das artes, retos didácticos dirixidos á cativada para convidala a desenvolver a súa habelencia creativa.
Visita virtual
Precisamente estes contidos online amplíanse agora co lanzamento dunha visita virtual a través da web cidadedacultura.gal. Unha ferramenta que ofrecerá a posibilidade de navegar desde o ordenador ou dispositivos móbiles entre as máis de trescentas pezas da exposición e seguir a descubrir abraiantes conexións de Galicia co resto mundo, así como os segredos que rodean xoias como a Biblia Kennicott, a Santa de Asorey ou o Guerreiro de Lesenho.
Ademais, a visita virtual incorporará un ampla variedade de contidos extra para enriquecer a experiencia, como vídeos con explicacións por parte do comisario, Manuel Gago, ou dos técnicos do Servizo de Mediación.
Devolución das obras
A Fundación Cidade da Cultura, tras o peche do Museo Centro Gaiás, contactou con todas as institucións e coleccionistas privados que prestan obra para informarlles de que as medidas sanitarias derivadas do estado de alarma obrigaban a aprazar as devolucións.
Do mesmo xeito, informou de que as pezas permanecerán en sala, vixiándose as condicións técnicas (temperatura, humidade
) e de seguridade para garantir a súa conservación nas mellores condicións. A Cidade da Cultura ampliou tamén o prazo do seguro ata o 30 de xuño, sen custe adicional para a Xunta de Galicia.
En canto a situación o permita procederase a devolución de todas as obras seguindo un programa deseñado polo Departamento de Exposicións da Fundación Cidade da Cultura e en colaboración con empresas especializadas no transporte de obras de arte.
Cómpre lembrar a complexidade organizativa deste operativo nunha exposición na que cederon obra 60 institucións e 21 coleccionistas, tanto de Galicia e do resto de España como de Irlanda, o Reino Unido, Italia, o Vaticano, Portugal, a Arxentina, Cuba e o Uruguai.
A Cidade da Cultura quere expresar o seu agradecemento ás institucións e coleccionistas pola súa comprensión e confianza ante as excepcionais circunstancias que se están a vivir, así como trasladar a súa solidariedade coa difícil situación coa que tamén moitas delas están a traballar nos seus propios países.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.