Archivo (9 del 2019)

Buscador

Noticias

A directora de Turismo de Galicia ven de participar en Lobios no acto de clausura do Congreso internacional Termalismo 2021-2027 no marco da "Semana Termatalia", no que incidiu no apoio do Goberno galego para impulsar a competitividade dos balnearios en canto á súa capacidade aloxativa e modernización.
O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destaca que esta iniciativa, xurdida ao abeiro do Xacobeo 2021, mellorará os servizos que reciben os peregrinos e buscará a fidelización dos clientes, con axudas que poden chegar ata os 2.800 euros por beneficiario.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello aprobou unha orde de axudas nos centros de investigación das Universidades galegas para o período 2019-2022, o que significa o maior investimento público realizado ata o de agora no sistema científico universitario galego e suporá un salto cualitativo e cuantitativo no impulso do que son os maiores axentes científicos de Galicia.
O presidente da Xunta visitou o Centro Gallego da cidade arxentina de Comodoro Rivadavia, onde anunciou que este Xacobeo vai ser unha festa sen fronteiras, nunha terra "á que vir e á que volver coa certeza de atopar algo novo". Agradeceu a este centro case centenario, a sua vocación por ter Galicia presente, cun museo dedicado á emigración galega ou cunha biblioteca con máis de 3.000 volúmes.
O Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o Delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asistiron xunto á Torre de Hércules, ao inicio da rodaxe que promove o Consorcio de Turismo da Coruña dentro do programa O TEU XACOBEO. Julia Baird grava estes días en Ferrol, Bruma e Santiago o vídeo da canción ‘Teu Camiñar’, composta pola artista galega Cristina Rubirosa. Segundo comentou Román Rodríguez, John Lennon proxectou facer o Camiño nos anos 70 con Salvador Dalí, o que finalmente non puido cumprir.
Que o Comite se reúna en Galicia ven de acordarse en Bruxelas, onde a candidatura galega competía coa proposta da cidade alemá de Wismar, capital de Mecklemburgo Noroccidental. Tras unha votación xeral cargada de incerteza, os membros do CdR elixiron finalmente a candidatura de Galicia, o que permitirá subliñar o carácter europeísta da nosa comunidade como etapa final do Camiño de Santiago e estreitar os vencellos no eido da Unión Europea, asentados nos valores da solidariedade e a concordia.
O Presidente da Xunta, que visitou as instalacións da pesqueira Estrella Patagónica e da pesqueira Iberconsa de Argentina e viaxou a Rawson, para reunirse co gobernador da provincia de Chubut, Mariano Arcioni, avanzou tamén numerosas reunións cos responsables de pesca de Santa Cruz e de Bos Aires, co obxectivo de avaliar cos gobernos provinciais e co Goberno arxentino as circunstancias e a actividade das empresas pesqueiras galegas con presenza no país.
O programa de Unidades Formativas na Empresa é unha iniciativa pioneira que se enmarca na Axenda 20, a folla de ruta coa que o Goberno galego está impulsando o emprego estable e de calidade. Desde a súa posta en marcha en 2018, leva destinado preto de 12,7M€ para formar a 7157 persoas desempregadas e ocupadas a través de 690 unidades formativas co obxectivo de mellorar a competitividade empresarial, a cualificación dos traballadores, e a empregabilidade dos galegos e galegas. Ademais, este programa ten permitido a inclusión de 41 novas especialidades, a proposta das empresas, no catálogo formativo do Servizo Público de Emprego Estatal.
O proxecto Sealab, que comezou en 2018 e se desenvolverá ata setembro de 2020, está liderado pola empresa galega Indrops Laboratorio, xunto a Industrias Ferri, Imatia Innovation, e coa participación do INL (International Iberian Nanotechnology Laboratory) e a Unidade de Tecnoloxías Mariñas do Centro Tecnolóxico do Mar. O Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) busca desde hai ano e medio cos seus socios do proxecto Sealab o xeito de mellorar os servizos de análise de determinadas substancias prioritarias nas augas interiores e, con ese obxectivo, está a traballar no desenvolvemento dun innovador sistema de medición da calidade da auga. A finalidade é desenvolver un laboratorio portátil que incorpora nanosensórica.
A Xunta de Galicia recibiu unha carta do Ministerio de Facenda na que se confirma que o Goberno central non vai pagar máis da metade da débeda que mantén coas comunidades autónomas, e que no caso concreto de Galicia ascende a uns 700 millóns de euros, 530 dos cales están incluídos nos Orzamentos para 2019. Esta é a primeira vez que neste 2019 o Goberno central se dirixe á Comunidade Autónoma para explicar a situación dos impagos que mantén con Galicia polo bloqueo dos ingresos procedentes do sistema de financiamento autonómico, unha situación que non ten precedentes e que afecta directamente a todas as comunidades de réxime común.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (186)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES