Archivo (11 del 2018)

Buscador

Noticias

O Servizo Galego de Saúde convocará un total de 1.400 prazas na súa oferta pública de emprego de persoal estatutario deste ano. Nesta convocatoria de oferta pública de emprego esgótase a taxa de reposición do 100%. Destas prazas, 512 corresponden a licenciados sanitarios e delas 116 destínanse a atención primaria, nas categorías de médicos de familia, pediatría e odontoloxía. Tamén se convocan prazas de especialistas para enfermería, cun total de 86 postos para enfermería familiar e comunitaria, enfermería pediátrica, enfermería de saúde mental e enfermería obstétrico-xinecolóxica.
A Universidade de Vigo participará no consorcio europeo Embrc centrado na bioloxía e economía mariña co proxecto da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, única a nivel mundial para investigar en acuicultura sobre os efectos do cambio climático, e a Universidade de Santiago participará no consorcio Openscreen a través da plataforma Innopharma para o descubrimento temperá de fármacos. Estes consorcios teñen un triplo obxectivo: axudar aos grupos de investigación europeos a incrementar a captación de recursos mediante a prestación conxunta de servizos, aumentar a captación de fondos europeos e favorecer o acceso a novos mercados.
O proxecto Geoatlantic continua coas súas accións de divulgación da importancia do uso das enerxías renovables e do consumo responsable na cidade de Ourense. Nesta ocasión, a Concellería de Promoción económica presentou os traballos de tres centros educativos de Ourense (CEIP Seixalbo, CEIP A Ponche, e Concepción Arenal) no desenvolvemento de guías para ensinar e sensibilizar sobre o consumo enerxético e a necesidade de apostar pola enerxía renovable, en especial pola enerxía xeotérmica.
A economía galega acadou no terceiro trimestre do ano un crecemento anual do 2,6%, por riba do acadado pola media española, e creou máis de 16.000 postos de traballo equivalentes a tempo completo en comparación co mesmo período de 2017, segundo as contas económicas trimestrais do Instituto Galego de Estatística (IGE). Os datos do IGE publicados hoxe constatan que a economía galega mantén un ritmo de crecemento por riba do establecido no Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020, que prevé un incremento medio do 2,5%.
A pedra seca galega vén de ser incluída na lista representativa do patrimonio inmaterial da UNESCO como parte dunha candidatura conxunta de oito países europeos liderada por Grecia e Chipre e na que participa, entre outros, o Estado español. Así o decidiron hoxe os representantes deste organismo no marco da décimo terceira reunión anual do Comité intergobernamental de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial celebrada en Port-Louis (República de Mauricio), na que por parte da Xunta de Galicia participou a directora xeral do Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez Ínsua. A participación galega na candidatura internacional da pedra seca (ou pedra en seco) é compartida con outras sete comunidades autónomas.
A Xunta de Galicia celebrará o décimo oitavo aniversario da declaración por parte da Unesco da Muralla Romana de Lugo como Patrimonio da Humanidade cunha mesa redonda no salón de actos da Delegación Territorial e unha exposición con paneis que describen de maneira gráfica as actuacións realizadas nos últimos anos e as propostas que se van desenvolver nos próximos meses. Coincide esta celebración coa do Ano Europeo do Patrimonio Cultural.
O programa comezará co lanzamento de 5 retos tecnolóxicos, un deles en colaboración coa Televisión de Galicia. Un comité de avaliación seleccionará, nunha primeira fase, 20 candidatos do total de participantes que se presenten, e nunha segunda fase elixiranse os 5 proxectos definitivos. Os retos formularanse en torno a temáticas como o gaming, publicidade e marketing, novos contidos e experiencias, formación innovadora, realidade virtual e aumentada, modelos de negocio, Internet das Cousas (IoT) e Intelixencia Artificial (IA), contidos sociais, apps Android, seguridade e propiedade ou contidos enriquecidos.
Galicia é a comunidade máis solidaria de España, con máis de 7.700 voluntarios activos, un 35% máis que en 2016; dos cales seis de cada dez son mulleres e máis das tres cuartas partes son menores de 20 anos. Galicia é, ademais, a única comunidade autónoma e a única rexión europea que certifica a acción voluntaria. O voluntariado galego está a responder ás necesidades específicas da Comunidade a través, por exemplo, do programa de acompañamento a persoas maiores de 65 anos que viven soas; e do desenvolvemento dun programa de voluntariado para a prevención e a concienciación nas zonas máis afectadas pola lacra dos incendios forestais.
En Galicia xéranse un total de 54.000 toneladas ao ano deste tipo de residuos, o que supón unha media de 20 quilos de residuos por persoa. Gran parte dos mesmos, poderían regresar ao ciclo produtivo aplicando un programa de preparación para a reutilización que contemple a súa comprobación, limpeza e reparación, de xeito que se permita a reutilización destes elementos sen ningunha outra transformación previa. Na actualidade, o sector de xestión de residuos representa un 27% do total catalogado coma Emprego Verde. Estímase que unhas 1.000 toneladas de RAEE xeren uns 200 postos de traballo na procura da súa preparación para a reutilización.
As vendas ao exterior nos nove primeiros meses do ano medraron un 7,65% con respecto ao mesmo período do ano anterior, e superaron os 17.100 millóns de euros. Neste sentido destaca o incremento no volume de vendas ao exterior en sectores como a automoción, a maquinaria, o forestal, o agroalimentario ou o téxtil. Ademais, o crecemento é máis do dobre do incremento que rexistra o conxunto de España, que é do 3,2%. Esta tendencia positiva das exportacións permite a Galicia ter un importante peso no conxunto do Estado, xa que as vendas ao exterior galegas suman un 8,1% do total das vendas ao exterior nacionais.
« Anterior | 1  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (177)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES