Archivo (4 del 2009)

Buscador

Noticias

O Ministerio de Fomento publica no BOE a licitación da nova Ponte sobre o río. O Presidente da Deputación sinalou que “é o primeiro síntoma de José Blanco como responsable deste Ministerio”. O Ministerio de Fomento publicou este xoves no Boletín Oficial do Estado o anuncio de licitación da tan desexada nova Ponte sobre o río Miño que conectará a N-VI coas estradas N-543 e LU-612, e vertebrará o desenvolvemento da cidade de Lugo mediante a conexión de ámbalas dúas beira do río.
O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, reivindicou a necesidade de dotar de enlace ferroviario ao porto exterior para conseguir así reforzar a competitividade e posición estratéxica dunha infraestructura chamada a converterse nun dos grandes motores económicos do Norte de España. E facíao tras percorrer o tramo central da estrada de acceso ao mesmo porto, o último pendente de entrada en servizo ata este xoves, e que vén a completar a nova vía N-655.
Núñez Feijoo xa é Presidente da Xunta de Galicia. Puro trámite sen sorpresas; pólvora en salvas para subliñar o feito de que Galicia estrea Presidente, Presidente Feijoo. Cun "Deus fratesque Galicia" rematou Feijoo a súa última intervención, mentras que pola mañá finalizaba cun chamamento "Pola unión", en palabras versificadas do coma el ourensán Curros Enríquez. Durante esta xornada de viva actividade no templo galego da palabra, os oaradores empeñáronse a fondo, cumprindo o seu respectivo papel, en dialécticas encendidas para dar idea de como van rodar os asuntos públicos na nova etapa que comeza.
Feijoo será presidente da Xunta de Galicia na mañá do xoves, despois da previsible elección por maioría absoluta de 38 dos 75 deputados, tomará posesión na mañá do sábado, e presidirá o seu primeiro Consello o luns próximo. O segredo mellor gardado dos últimos tempos será desvelado polo Presidente Feijoo durante a fin de semana, coñecéndose entón a nova estructura da Xunta de Galicia coa anunciada reducción nun vintecinco por cento das actuais Consellerías, e os titulares dos novos departamentos. Serán, pois, dez as Consellerías que compoñerán o goberno da Xunta de Galicia.
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), vén de presentar un novo helicóptero polivalente preparado para o rescate de persoas e o apoio, mando e dirección na resolución de calquera tipo de emerxencia que se poida producir na Comunidade Autónoma galega.
A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos vén de remitir ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino os plans de xestión que elaborou para a frota do cerco e a de artes menores para o seu estudo e aprobación. Con estes documentos preténdese que os barcos pertencentes a estes dous segmentos de frota poidan acceder ás axudas que contempla o Fondo Europeo da Pesca, referidas á paralización definitiva e á paralización temporal, entre outras.
Como estaba previsto, o discurso de Núñez Feijoo entusiasmou ós membros do Partido Popular, e defraudou ós da futura oposición, que poderán expresalo na mañá do próximo xoves cando se volva reunir o pleno do Parlamento para, escoitadas as intervencións dos representantes do Psdeg-Psoe e Bng e as respostas de Núñez Feijoo, votar a designación do candidato popular como Presidente da Xunta de Galicia, garantida polos 38 votos do PP, que supoñen a maioría absoluta dos 75 membros da Cámara.
A poesía en estado puro tomará Ferrol ata o próximo sábado. Internarase nas arterias da cidade e presentarase aos seus cidadáns. A II Semana da Poesía Salvaxe foi presentada polo alcalde, Vicente Irisarri; a edil de Cultura, Mercedes Carbajales, e os poetas Carlos González “Karlotti” e Guillermo Ferrández. Nestes días, a urbe naval pasa a ser referente poético da Comunidade, xa que é o tempo no que a palabra se convirte no actor principal, no elemento conductor dunha frenética actividade que se espallará por diferentes lugares: mercados de abastos, rúas, locais de restauración e centros culturais.
Ouvirmos publica a Fotobiografía Sonora de Avilés de Taramancos (libro+2CD’s) que nos aproxima a unha das voces líricas máis importantes da nosa literatura, a través de máis de cen fotografías do seu álbum familiar, reproducións das máis importantes portadas das súas obras e ilustracións creadas polo propio Avilés. Ademais, poderemos desfrutar da súa voz e dos seus poemas musicados nos dous CD’s que acompañan o libro.
Todas as comisións do Parlamento galego nesta lexislatura, agás a de Economía, serán presididas polo Partido Popular, en virtude da maioría absoluta que o partido ten na Cámara Galega. A este partido corresponderán, así mesmo, as vicepresidencias. O voceiro do Pp no Parlamento galego ven de presentar na Cámara autonómica a relación de deputados que integrarán as comisións parlamentarias e a Deputación permanente, prevéndose que a constitución destes organismos da Cámara se efectuará o próximo mércores.
« Anterior | 4  de  6 | Siguiente »

Archivo

2026 (163)

2025 (461)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES