Noticias

Fotobiografía Sonora de Avilés de Taramancos

Ouvirmos publica a Fotobiografía Sonora de Avilés de Taramancos (libro+2CD’s) que nos aproxima a unha das voces líricas máis importantes da nosa literatura, a través de máis de cen fotografías do seu álbum familiar, reproducións das máis importantes portadas das súas obras e ilustracións creadas polo propio Avilés. Ademais, poderemos desfrutar da súa voz e dos seus poemas musicados nos dous CD’s que acompañan o libro.

O seu fillo Luís Avilés Baquero é o encargado de introducir a selección de fotografías comentadas por Martín Veiga, quen achega un breve estudo de cada unha das seis etapas vitais nas que está estruturada a obra. Acompañan a escolma fotográfica dous CD’s. Un deles, analizado por Ana Romaní, recolle a voz do autor recitando os seus textos. O outro ofrece unha selección dos poemas de Avilés musicados por Rodrigo Romaní, quen ademais documenta e guía a escoita deste último CD.

Esta é a terceira Fotobiografía Sonora publicada por Ouvirmos, que xa editara anteriormente as de Celso Emilio Ferreiro e Manuel María. A través de imaxes e sons, esta colección constitúe unha innovadora forma de aproximarse á literatura.

R., 2009-04-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
Foto de la tercera plana (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES