Noticias

Gómez Besteiro ve a man de José Blanco na licitación da nova Ponte sobre o Río Miño

O Ministerio de Fomento publica no BOE a licitación da nova Ponte sobre o río. O Presidente da Deputación sinalou que “é o primeiro síntoma de José Blanco como responsable deste Ministerio”. O Ministerio de Fomento publicou este xoves no Boletín Oficial do Estado o anuncio de licitación da tan desexada nova Ponte sobre o río Miño que conectará a N-VI coas estradas N-543 e LU-612, e vertebrará o desenvolvemento da cidade de Lugo mediante a conexión de ámbalas dúas beira do río.

Diante desta publicación, o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, amosou a súa satisfacción pola publicación, indicando que “é o primeiro síntoma de José Blanco como responsable do Ministerio de Fomento. Sen dúbida, é unha consecuencia directa a menos dunha semana de tomar posesión como Ministro desde departamento. Non creo nas casualidades e esta, dende logo, non a é”.

O prazo de execución previsto da infraestrutura é de 38 meses e o orzamento ascende a 21.453.987 euros. Segundo reflicte a publicación oficial, o contrato podería ser financiado con Fondos FEDER. A data límite de presentación das ofertas ou das solicitudes será o próximo vintesete de maio.

A este respecto, o máximo mandatario provincial subliñou que “estou seguro de que ademais de velar polos intereses xerais de todo o territorio estatal, o Ministro de Fomento como bo coñecedor das necesidades de Galicia e, sobre todo, de Lugo, saberá adoptar decisións en consecuencia”.

R., 2009-04-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES