Noticias

O Partido Popular, a por todas no Parlamento

Todas as comisións do Parlamento galego nesta lexislatura, agás a de Economía, serán presididas polo Partido Popular, en virtude da maioría absoluta que o partido ten na Cámara Galega. A este partido corresponderán, así mesmo, as vicepresidencias. O voceiro do Pp no Parlamento galego ven de presentar na Cámara autonómica a relación de deputados que integrarán as comisións parlamentarias e a Deputación permanente, prevéndose que a constitución destes organismos da Cámara se efectuará o próximo mércores.

Os deputados do PP que presidirán estas comisións serán Agustín Baamonde Díaz a de temas institucionais, Administración xeral, Xustiza e interior; Daniel Varela Suanzes-Carpegna a de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos; Susana López Abella a de Educación e Cultura; Miguel Santalices a de Sanidade, Política Social e Emprego; Alberto Sueiro Pastoriza a de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo; Raquel Arias a de Agricultura, Alimentación, Gandeiría e Montes e Marta Rodríguez Arias, a de Pesca e Marisqueo. Polo que se refire ás Comisións permanentes non lexislativas, Ignacio López-Chaves Castro presidirá a de control da Crtvg, Pedro Puy Fraga a de relacións co Consello de Contas, e Beatriz Mato Otero a de Asuntos Europeos.

Na Deputación Permanente, polo Partido Popular estarán Alberto Núñez Feijoo, Alfonso Rueda Valenzuela, Pilar Rojo Noguera, José Manuel Baltar Blanco, Carmen Pardo López, José Manuel Balseiro Orol, Susana López Abella, Manuel Ruiz Rivas, Diego Calvo Pouso, Pedro Puy Fraga e Marta Rodríguez Arias. Polo PsdeG-Psoe, Ricardo Varela, Xaquín Fernández Leiceaga, Manuel Vázquez, Mar Barcón, Beatriz Sestayo e Modesto Pose, mentras que polo Bng serán membros Carlos Aymerich, Ana Pontón e Bieito Lobeira.

R., 2009-04-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES